Skip to Content

 

                           

Aulas activas

Proxecto Dinosauros 5º Educación Infantil

Os nenos de catro anos queremos ensinarvos algunhas das actividades de lectoescritura e de lóxico- matemática relacionadas co noso proxecto dos dinosauros.

Picando no álbum podedes ver unha pequena mostra.

 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Lectoescritura e Lóxica-matemática Dinos 5ºInfantil

Día da Familia Educación Infantil

O alumnado de Educación Infantil celebramos o día da familia a partir do conto "Familiando xuntos" de Ana Meilán e Silvina Eduardo.

Se picades no álbum podedes ver unha mostra das actividades realizadas.

Feliz día familias!

Álbum: CURSO 2022/23 -> Día da Familia infantil

Novidades 5º Educación Infantil

Neste curso os nenos de catro anos descubrimos novas actividades. Unha delas ten que ver coas rutinas que fai o encargado/a do día. Trátase dun acróstico que realiza a partir do seu nome e coa axuda dos compañeiros.

 Ademais descubrimos uns xogos de cartas para traballar as sumas e as letras e unha nova actividade na ruleta coa que tamén practicamos a lectoescritura.

E finalmente, decubrimos e iniciámonos no mundo da robótica co noso amigo DOC. Somos todos uns expertos e parécenos moi divertido.

Podedes ver unha mostra destas actividades picando no seguinte álbum.

Álbum: CURSO 2022/23 -> Novidades 5º Infantil

Proxecto Dinosauros 5º Educación Infantil

Os nenos de catro anos continuamos moi atarefados investigando o fermoso mundo dos dinosauros. Xa sabemos moitas cousas sobre estes animais: cando habitaron a terra, a que familia pertencen, como son e, por suposto, como nacen.

Queremos ensinarvos os tres experimentos que fixemos para observar o nacemento dun dinosauro que, como xa sabedes, son ovíparos.

 Ademais, descubrimos novos xogos de dinosauros na PDI e na tablet que nos gustan moito.

Álbum: CURSO 2022/23 -> Dinosauros PDI 5º infantil

Coidemos o noso planeta!

O pasado día 22 de abril, dende o centro traballamos o Día Internacional da Nai Terra, aquí podedes ver algún dos traballos que elaboraron os nosos nenos. 

Radio na biblio

Esta semana recibimos a terceira sesión de "Radio na Biblio" e non paramos de aprender cousiñas. 

Álbum: CURSO 2022/23 -> 3 sesión radio na biblio

San Paio de Narla

O alumnado de 1º e 2º foron de excursión á fortaleza de San Paio de Narla, onde puideron se atopa o Museo etnográfico e da súa propia historia, xa vedes cantas cousiñas viron e canto lles gustou! 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Saída 1º e 2º

Radio na biblio (2º sesión)

Esta semana tivemos a segunda sesión de "Radio na biblio", estamos aprendendo un montón! 

Álbum: CURSO 2022/23 -> 2º sesión de radio

Día do Libro

Esta semana tamén celebramos o día do libro facendo este mural tan bonito elaborado polo noso alumnado!

Ademais dunha pequena exposición das recomendacións que eles mesmos fixeron. 

Proxecto Dinosauros 5º Educación Infantil

Os nenos de 4 anos comezamos nova aventura para este derradeiro trimestre. Esta vez estamos inmersos nun novo proxecto sobre os dinosauros.

O monstro de cores deixounos moitas cousiñas para o comezo da nosa investigación.

 

Ademais, xa estivemos descubrindo algún xogo moi interesante que nos gustou moitísimo. Mirade!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut