Skip to Content

 

                           

Aulas activas

Comezamos! Proxecto Prehistoria 6º Educación Infantil.

Os nenos de 5 anos comezamos o derradeiro curso da etapa de educación infantil cun novo proxecto sobre a prehistoria. Estamos moi ilusionados con esta nova aventura e con desfrutar ao máximo deste último curso.

O monstro das cores deixounos algunha cousiña para comezar esta nova andanza.

Ademais, xa puidemos descubrir algúns xogos que nos van aportando as nosas familias e que nos axudarán a aprender moitas cousas neste primeiro trimestre.

Moitas grazas a todas elas.


Seguirémosvos informando da nosa aventura.

 

Traballos 6º

Os alumnos de 6º de Ed. Primaria fixeron estes traballos que están expostos no centro, podedes ver que xeitosos quedaron! 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Traballos 6º

Saída 3º e 4º

Esta vez tocoulles a 3º e 4º de Ed. Primaria facer unha visita por Lugo, viron o Museo Provincial e deron unha voltiña pola muralla. 

Que ben o pasaron! 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Saída 3º e 4º

SAÍDA AO ACUARIO DE CORUÑA

O alumnado de Infantil visitou o Acuario da Coruña! Encantoulles!!

Álbum: CURSO 2022/23 -> Saída ao Acuario

Introdución ao EDIXGAL

O alumnado de 4º e 5º participan nunha sesión de aprendizaxe colaborativa: Introdución ao Edixgal 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Introdución EDIXGAL

Creatividdade e valores nos Premios Muralla

Tal e como podedes atopar en El Progreso de onte, o noso centro foi premiado cun portátil polos traballos presentados do noso alumnado. 

_POL2684

Proxecto Dinosauros 5º Educación Infantil

O proxecto dos dinosauros chega ao seu fin.

Os nenos de 4 anos descubrimos as teorías que se barallan sobre a extinción dos dinosauros.

A primeira teoría que experimentamos foi a caída dun meteorito na terra. Intentamos simular a caída de meteoritos con bolas de polispan sobre unha bola do mundo na que previamente pegamos os dinosauros.

 E a segunda teoría foi a erupción volcánica que vivenciamos facendo o experimento que vos amosamos a continuación.

Pasámolo xenial con estes fantásticos animais.

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O noso alumnado prepara diferentes traballos para conmemorar o Día do Medio Ambiente

Os nenos e nenas de 3º de Primaria expoñen un traballo sobre os animais en perigo de extinción

Proxecto Dinosauros 5º Educación Infantil

O proxecto dos dinosauros na aula de 4 anos está rematando as súas misións.

Desta volta queremos ensinarvos como nos convertemos en paleontólogos. Investigamos este fermoso mundo e descubrimos algúns fósiles.

Picade na imaxe e veredes algunhas das nosas actividades.

 

Álbum: CURSO 2022/23 -> Paleontólogos 5º Educación Infantil
Distribuir contido


by Dr. Radut