Skip to Content

Día do Libro

Que alegría levamos as profes ao ver que  guap@s estades cos vosos libros, este ano non puidemos celebrar o día do libro na nosa biblioteca, donde sempre había algunha bonita lectura.

Por iso a profe Carmen fixo este vídeo coas vosas imaxes e os vosos libros preferidos , para que compartirades un minutiño do voso tempo e así sentirmos máis cerca.

Temos que agradecer a Pablo Díaz que nos dera permiso para utilizar a súa canción.

 

Pinchade na imaxe para ver o vídeo.

 

MATRÍCULA 2020/2021

Reapertura do prazo de admisión de alumnado

Novas matrículas

 

 DOG do 6 de maio, publícase o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado. Para a realización e seguimento deste acordo a dirección do centro informa do seguinte:

  • O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio ambos inclusive, en horario de 10 a 13h na secretaría do colexio ou de forma telemática en
    https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/. Cubrir solitude acompañala do libro de familia o DNI do neno ou nena. Recoméndase traer tamén certificado de empadronamento e demáis documentación que quere aportar ao baremo. Revisar que ven cuberta a folla do autobaremo e que todos os membros da unidade familiar consinten na cosulta telemática dos datos.
  • A presentación de documentación acreditativa do baremo será ata o 26 de maio. (Recoméndase entregala do 11 ao 18 de maio)
  • Publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido  o 8 de xuño.
  • Reclamacións do 9 ao 11 de xuño en horario de 10 a 12h na secretaría do colexio.
  • Publicación das listaxes definitivas antes do 26 de xuño.
  • Formalización da matrícula en secretaría: do 1 ao 10 de xullo 

NORMAS BÁSICAS DE ACCESO AO COLEXIO

  1. Na medida do posible, unha única persoa para realizar a xestión en secretaría.
  2. Seguir indicacións na entrada, e manter distancia de seguridade con outras persoas que se atopen no recinto.

NOTA IMPORTANTE: O colexio abre o luns 11, exclusivamente e co persoal imprescindible para atender este proceso de admisión de alumnado. Para o resto de consultas ou trámites, por favor, utilizar o teléfono 881930336 ou o correo electrónico: ceip.santiago.apostolo@edu.xunta.gal

 

FACEMOS UNHA MARIONETA?

Aquí tedes unha proposta de actividade plástica moi ben explicadiña pola profe Carmen que é unha gran artista. Pinchando na foto podedes observar a súa obra e os pasos a seguir para chegar a facer unha similar.

Animádevos e veredes como con materiais que tod@s tedes por casa, podedes elaborar cousas ben bonitas e divertidas.

Mandádenos as vosas fotos ou pequenos vídeos a un dos seguintes enderezos

ceip.santiago.apostolo@edu.xunta.gal

bibliofranza@gmail.com

INSTRUCIÓNS 3º TRIMESTRE

Prezadas familias;

A Consellería publicou esta semana as instrucións para o desenvolvemento do terceiro  trimestre

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucions_3trimestre.pdf

Unha vez reunido o claustro para a aplicación das mesmas no noso centro, o primeiro que queremos, é continuar transmitíndovos tranquilidade e agradecervos a vosa participación e implicación nas nosas propostas.

A continuación, detallámosvos, algúns dos aspectos que nos parecen máis relevantes e acordos tomados:

  • O curso remata o día 19 de xuño, tal e como se regula na Orde do 20 de xuño de 2019, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/2020 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

  • O profesorado levará a cabo unha revisión das programación didácticas, que se fará pública na páxina web do centro o día 12 de maio.

 

  • No terceiro trimestre do curso 2019-2020 o traballo do alumnado centrarase especialmente no desenvolvemento das actividades de recuperación, repaso, reforzo, e fomentando as rutinas de traballo .

 

  •  A avaliación terá carácter continuo e global, diagnóstico e formativo,realizarase a partir das avaliacións anteriores e as actividades desenvolvidas durante o terceiro trimestre, sempre que iso favoreza ao alumno ou á alumna. En ningún caso, o alumnado poderá verse prexudicado polas dificultades derivadas do cambio de metodoloxía a distancia do terceiro trimestre.

 

O profesorado do centro solicitará o envío de certas actividades, como evidencia da realización das mesmas, a través das canles de comunicación que utilizades habitualmente..

 

  • Flexibilizaranse de maneira excepcional durante o curso 2019-2020, os criterios de promoción en todos os cursos de Educación Primaria, sen ter en conta limitacións que afecten ao número de áreas pendentes. A avaliación do alumnado terá en conta o seu progreso no conxunto das áreas. A repetición considerarase unha medida de carácter excepcional.

Agardando que esteades todas e todos ben, quedamos á vosa disposición.

 

Un saúdo

O equipo directivo

23 de abril DIA DO LIBRO na distancia

Non estaremos xunt@s na biblioteca, non faremos actividades colectivas no cole, pero, aínda que sexa a distancia, non queremos deixar de recordar e celebrar con vós este día tan especial na vida do noso colexio.

Para iso empezamos cun fermoso texto sobre a lectura escrito por Manuel Gago para a Asesoría de Biblitotecas Escolares. Podedes lelo pinchando no enlace

MANUEL GAGO

Continuamos cun vídeo do álbum ilustrado "Flotante": unha historia dentro dunha historia, un mundo dentro doutro mundo...

E rematamos cun conto deste tema tan actual: o coronavirus, feito con papiroflexia.

 Animádevos a facelo na casa!

 

O MEU LIBRO FAVORITO É...

Propoñémosvos que busquedes o libro que máis vos guste dos que tedes na casa e vos saquedes unha foto con el para compartilo con tod@s nós.

Enviade a foto ao correo da biblioteca   bibliofranza@gmail.com  para facer unha montaxe con todas xuntas.

 

INSTRUCIÓNS DA CONSELLERÍA E ABALAR MÓBIL

A pesar desta situación que estamos a vivir, as novas remitidas pola Consellería son que se vai levar a cabo a 2ª avaliación con data do venres 13 de marzo.

As titoras e mestres especialistas avaliarán os contidos traballados ata ese momento. Pero tede en conta que, o único que todo o profesorado do centro queremos transmitir a cada unha das familias do noso alumndado, é moitísima tranquilidade, xa que somos conscientes das prioridades que deben existir actualmente nas casas. Esperemos saír desta situación o antes posible  sen vernos demasiado afectados por todo o que nos toca vivir e confiade en que cando volvamos reencontrarnos tentaremos facer todo o que estea nas nosas mans para voltar á normalidade.

Para acceder ás cualificacións d@s vos@s fill@s tedes á vosa disposición abalar móbil. O seguinte enlace contén unha guía para descargar a aplicación e os pasos a seguir para rexistrarse.

GUÍA ABALARMÓBIL

A aplicación está tanto en Play Store como en Apple Store.

As cualificacións da 2ª avaliación estarán dispoñibles o venres 3 de abril, a partir das 14:00h, no apartado "Consultar cualificacións" da aplicación.

Na páxina de abalar móbil tamén tedes acceso a "Respostas a preguntas frcuentes". Premede aquí.

Ante calquera dúbida ou dificultade non dubidedes en poñervos en contacto con nós no enderezo ceip.santiago.apostolo@edu.xunta.gal

Estamos a vosa disposición para o que precisedes.

MOITO ÁNIMO PARA TOD@S!!!!

Reunións coas familias

Os vindeiros luns 7 e martes 8 levaremos a cabo as reunións presenciais coas familias  seguindo os horarios establecidos a continuación.

Luns 7 Martes 8

de E.P.: 10:30 h

de E.P.: 11:30 h

de E.P.: 10:00 h

de E.P.: 10:15 h

de E.P.: 10:30 h

de E.P.: 11:30 h

*Ás familias do alumnado de Educación Infantil serán avisadas telefonicamente.

Importante:Ás reunións so poderá asistir unha persoa por familia e non deberá vir acompañada por ningún nen@.

RETO DE DEBUXO EN FAMILIA

Seguindo unha idea dun ilustrador da bisbarra, propoñémosvos o reto de chegar a debuxar coma el. Nos arquivos adxuntos tedes tódalas indicacións.

Ánimo e adiante, veredes que artistas estades feit@s!!!

AVISO DA SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA

 

Atendendo as instrucións sobre o Coronavirus dadas polas administracións públicas, suspéndense as actividades lectivas e extraescolares a partires do luns 16- 03-2020 ata o día 30-03-2020, ámbolos dous incluídos.
En próximos días poñeremos na Web do Centro, actividades por cursos para que o alumnado poida facer tarefas de repaso dende a casa.
Queremos recordarvos que o prazo de presentación de solicitudes de admisión amplíase unha semana máís, dende o reinicio das clases.
Para calquera dúbida podedes utilizar o correo electrónico do centro: ceip.santiago.apostolo@edu.xunta.es  ou o número de teléfono 881-930336.

Atentamente, 
A Dirección do Centro

Distribuir contido


by Dr. Radut