Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 23-24

DESTINATARIOS:         Alumnado de nova incorporación ao centro.

PRAZO:                         Do 1 ao 20 de marzo de 2023

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: 

  • No centro educativo. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro. Podedes pedir o impreso no centro ou descargalo nos arquivos adxuntos. Xunto co impreso de solicitude deberase adxuntar unha fotocopia do libro de familia e, para o alumnado de primaria que provén doutro centro, un certificado de matrícula. 
  •  A través de internet:

 o  Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.

 o  Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.

 Tedes a información relativa no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/PaxinaInicio.action#

Nos arquivos adxuntos tedes o impreso de solicitude e un documento co número de prazas vacantes que se ofertan por curso.

 

 

 

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO: RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN

Dende o día 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro, está aberto o prazo para realizar a reserva de praza no centro de adscrición (IES de Mugardos), para o alumnado de 6º de Educación Primaria.

As solicitudes deberán presentarse no noso centro ou telematicamente, a través da aplicación "AdmisionAlumnado":

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

As familias que non queiran facer reserva no centro adscrito, deberán solicitar praza para @s seus/súas fill@s no centro da súa elección entre o 1 e o 20 de marzo.

Comezo do curso

Tal como se recolle no calendario escolar publicado pola Consellería de Educación, este curso as clases  comezarán o xoves 8 de setembro en horario normal, de 9 da mañá ás 2 da tarde.

O vindeiro martes 6 de setembro terán lugar as reunións cos pais/nais  das diferentes titorías co seguinte horario:

 

Hora

Nivel educativo

De   10:00  a  10.30

3º e 4º  de E. Primaria

De   10:30  a  11:00

1º e 2º  de E. Primaria

De   11:00  a  11:30

5º e 6º  de E. Primaria

5º e 6º  de E. Infantil

 

As familias do alumnado de 4º de E. Infantil serán convocadas telefonicamente pola titora.

 *ImportanteÁs reunións só pode asistir unha persoa por familia e non deberá vir acompañada de ningún neno/a.

 Bo regreso a tod@s!

MERCADO SOLIDARIO

O alumnado de 6º creou unha empresa "Save Ucraína" coa que recadaron fondos para axudar aos nenos e nenas dese país. Os beneficios obtidos no mercado dos produtos elaborados polo alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria foron entregados á ONG Save the Children. Recadáronse 610 € e o pasado xoves 30 de xuño fíxose o ingreso na conta de dita ONG.

Agradecemos encarecidamente a colaboración de Sargadelos, do Concello de Mugardos e de tod@s @s que participastes no mercado dun xeito ou doutro.

Parabéns!

 

PROGRAMA “ENTÉRATE MUGARDOS”

O Concello de Mugardos pon en marcha unha campaña de sensibilización á cidadanía mugardesa co obxectivo de educar e concienciar en materia de educación afectivo sexual, relación sans de parella, violencias de xénero e violencias sexuais partindo do protagonismo das súas rapazas e rapaces que actúan como axentes reais de cambio.

Logo de desenvolver diversos obradoiros nos centros educativos do concello, o alumnado saiu ás rúas para sensibilizar a comercio e empresas locais sobre a prevención e identificación da violencia de xénero. A imaxe da campaña son 4 cartaces deseñados polo alumnado, nos que figuran os valores da igualdade e os teléfonos aos que se pode acudir para denunciar ou solicitar información sobre iolencia de xénero, ciberseguridade, violencia contra a infancia, e Diversidade sexual (LGTBI).

Esta campaña enmárcase dentro da programación de prevención da violencia de xénero financiada cos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

 

          

 

          

 

Convocatoria Fondo Solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Hoxe comeza o prazo para solicitar:

  • Fondo Libros, para 3º e 4º de Educación Primaria.
  • Axudas para adquirir libros de texto, para 1º e 2º de Educación Primaria.
  • Material escolar, para todo o alumnado de Educación Primaria.

Dito prazo remata o mércores 22 de xuño.

Orde do 29 de abril de 2022

Anexo I e Anexo II para a presentación presencial das solicitudes.

As solicitudes poderán presentarse no centro escolar ou dixitalmente na aplicación Fondo Libros, con certificado dixital ou chave 365.

 

Admisión alumnado - Curso 2022-2023

Todo o alumnado que reservou plaza (dentro do plazo) para o curso 2022-2023 foi admitido.

A listaxe definitiva está publicada no hall do centro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut