Skip to Content

OBRADOIROS ROBÓTICA

Todo o alumnado nestes días gozou na aula de robótica dunhas sesións cargadas de creatividade e inxenio.

 Ana, titora de 6º preparou moitas actividades, aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos ao mesmo tempo que aprendemos cousas novas.

 

 

 

PATRIMONIO DE FRANZA

Hoxe o alumnado de terceiro rematou o seu traballo  coa exposición que eles titularon" Patrimonio de Franza ".

Durante días coa colaboración das familias e guiados pola profe Pili, recompilaron moitos obxectos antiguos para saber un pouco máis da nosa historia.

Os nen@s de 3º E.P foron os encargados de explicar ao resto do alumnado o que alí estaba exposto, e contestar as preguntas que lles fixeron.

Parabéns para Teo, Melissa, Diego,Yeray,Sandra,Oscar, Florinda y Pili!

 

 

 

 

 

Matrícula curso 2021-22

Aqueles alumnos/as que solicitaron praza e foron admitidos deben formalizar a matrícula para o vindeiro curso do 20 ao 30 de xuño en horario de secretaría.

Impreso matrícula

Enquisa idioma materno(só alumnado de 4º E.I)

. Autorización de imaxe

Ademais deberán traer :

. 1 fotografías de tamaño carné se resultaron admitidos para E.Infantil 

. Fotocopia da tarxeta sanitaria

VISITA DE ISABEL ORIENTADORA DO IES DE MUGARDOS.

Este mércores contamos coa visita de Isabel, a orientadora do IES de Mugardos. Fíxolle entrega ao alumnado de 6º de Educación Primaria dunha macetiña cunhas cartas cheas de verbas de ánimo, as cales foron realizadas polos/as nenos e nenas de 1º da ESO. Ademais estas macetas levan unha sorpresa, unhas sementes de pensamentos que polo mes de agosto serán unhas flores fermosas de cor azul, as cales representan o paso de etapa de Primaria a Secundaria.

Pero non quedou aí a cousa, tiveron a sorpresa de ver como os/as seus excompañeiros/as de 6º do curso pasado, lles ensinaban e explicaban nun vídeo como é o instituto. Fíxolles moita ilusión!!!

Isabel tamén lles aclarou moitas dúbidas e inquedanzas ao noso alumnado.

GRAZAS pola túa visita Isabel

 

 

 

 

XORNADA CON LEANDRO LAMAS.

O venres os nen@s e profes pintaron un mural na fachada do colexio co artista Leandro. Unha actividade do Plan de Igualdade, na que tod@s disfrutamos moito.

GRAZAS LEANDRO!

 

DÍA DOS MAIOS.

Hoxe no colexio celebramos unha bonita xornada , os nenos e nenas coa axuda das mestras decoraron os maios enchendo de flores e de cores o noso patio.

Temos que agradecer a colaboración da asociación Apelón e dos gaiteir@s que amenizaron as nosas danzas e coplas.

SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Dende o día 21 de maio ata o 22 de xuño de 2021 (ambos incluídos), queda aberto o prazo de presentación de solicitudes para a adquisición de libros de texto e material escolar, tal e como se regula na Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/2022 (código de procedemento ED330B).

O impreso da solicitude podédelo descargar aquí ou solicitalo na secretaría do centro.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro .

1.- FONDO SOLIDARIO: Destinado ao alumnado de 3º a 6º de E.P (no noso caso 5º e 6º non o teñen que solicitar porque teñen libros dixitais, xa que somos centro E-Dixgal) e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. Os libros serán repartidos por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias. Por ese motivo, recomendamos que todo o alumnado a solicite.

Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.

c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda.

2.- AXUDAS LIBROS: Destinado ao alumnado de 1º e 2º de E.P.

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou  inferior a 10.000 €: 140 €.

3.- AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: Destinado ao alumnado de 1º a 6º de E.P e ao alumnado da ESO.

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado o alumnado matriculado en EP e en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.

Nesta convocatoria presentarase unha ÚNICA solicitude para todos os/as fillos/as matriculados/as no mesmo centro.

Para ser beneficiario do fondo de libros é condición indispensable, devolver os libros de texto recibidos no fondo solidario do curso 2020/2021.

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

TODO O ALUMNADO QUE FIXO RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2021/22 FOI ADMITIDO.

Pódense consultar as listaxes no taboleiro de anuncios do centro ou en:

https.//www.edu.xunta.es/admisionalumnado

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño. 

 

ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 2021-2022

PROCESO DE ADMISIÓN (SÓ PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO)  - CURSO 2021 –2022 

 Este proceso estará regulado pola Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG. 15/03/13), polo Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG. 26/12/2012) e pola Orde 25 de xaneiro de 2017 (DOG. 01/02/2017) da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

 O prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o 1 e o 20 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

No caso de proxenitores separados, divorciados ou non unidos por ningún vínculo legal, a solicitude ten que estar obrigatoriamente asinada polos dous titulares.

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro elixido en primeiro lugar. En caso contrario perderá os dereitos de prioridade.

Se un alumno/a cambia de centro deberá comunicar a renuncia á reserva de praza no centro de orixe antes de matricularse no novo.

Se houbese máis solicitudes que prazas nalgún nivel educativo, solicitarase a documentación complementaria para o baremo entre o 25 de marzo e o 15 de abril.

As listas provisionais de admitidos/as publicaranse o día 23 de abril, podendo reclamar contra as mesmas no prazo de 5 días hábiles mediante instancia dirixida á Dirección do centro.

As listas definitivas de admitidos/as publicaranse o 14 de maio de 2021.

A formalización de matrícula realizarase no período comprendido entre o 20 e o 30 de xuño en educación infantil e primaria.

 PRAZO: Do 1 ao 20 de Marzo de 2021

 LUGAR:

Por Internet:

Na aplicación Admisión alumnado da páxina web da Consellería

Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia

Nas oficinas do centro educativo

DOCUMENTACIÓN:

ANEXO II- ED550B-C- IMPRESO SOLICITUDE ADMISIÓN (castelá)

ANEXO II- ED550B-G- IMPRESO SOLICITUDE ADMISIÓN (galego)

 Outra documentación a entregar: 

FOTOCOPIAS DO LIBRO DE FAMILIA

FOTOCOPIAS DO DNI DE TODOS OS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR

SENTENZA DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO (se é o caso)

XUSTIFICACIÓN DAS NECESIDADES DE ATENCIÓN EDUCATIVA ESPECÍFICAS (se é o caso)

CERTIFICACO DE MATRÍCULA DO CENTRO ANTERIOR (se é por traslado)

(Débese pedir cita previa para a presentación de solicitudes)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut