Skip to Content

DÍA DAS BIBLIOTECAS 24 DE OUTUBRO

INICIO DE CURSO 2023-2024

Tal como se recolle no calendario escolar publicado pola Consellería de Educación, este curso as clases  comezarán o luns 11 de setembro en horario normal, de 9 da mañá ás 2 da tarde.

O xoves 7 de setembro ás 10:30 terán  lugar as reunións cos pais/nais dos nen@s de 4º de E.infantil  e ás 11:00 cos de 5º e 6º de E.I .

A reunión de 1º de E Primaria tamén será ás 11:00, as demais reunións celebraranse o martes 3 de outubro co seguinte horario.

 

 

 

 

Hora

Nivel educativo

De   16:00  a  17:00

2º   de E. Primaria

De   17:00  a  18:00

3º,4º de E.primaria

 

De   17:00  a  18:00

 

5º e 6º  de E. Primaria

 

 

 Bo comezo a tod@s!

Bo verán!

LIBROS CURSO 2023/2024

O final de curso está aquí e con el toda a preparación para o vindeiro 2023/2024!

Deixámosvos un anexo cos libros de texto necesarios!

VIDEOCHAMADAS LITERARIAS: MES DO LIBRO E DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O pasado 27 de abril o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou nunhas dinámicas para conmemorar o mes do libro conectándose cun centro da contorna. Nelas, @s alumn@s divididos en grupos presentábanse e recomendaban un libro escollido por eles ao alumnado de 5º do CEIP Unión Mugardesa a través da plataforma Google Meets. 

Repetimos esta experiencia o 18 de maio celebrando o Día das Letras Galegas. Neste caso, conectándonos co grupo de 6º de Educación Primaria do mesmo centro e participando en grupos nun Kahoot sobre o autor homenaxeado, Francisco Fernández Del Riego. 

Deixamos a nosa galería aquí para que poidades ver as fotos das dinámicas!

VIDEOCHAMADAS LITERARIAS: MES DO LIBRO E DÍA DAS LETRAS GALEGAS

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO: AXUDAS PARA ADQUIRIR OS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023/2024

Xa está aberto o prazo para o fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros e material escolar para o curso 2023/2024. Dita convocatoria consiste en:

- Fondo solidario de libros de texto: alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria no 23/24.

- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria no 23/24. 

- Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado de Educación Primaria no 23/24. 

-O alumnado actual de 6º de Educación Primaria ten que entregar a documentación no Instituto onde solicitou praza.

As solicitudes preséntaranse preferiblemente de maneira presencial no centro, ou a través da aplicación Fondo Libros (Sede electrónica da Xunta) mediante o Certificado dixital ou a Chave 365. 

O prazo de presentación é ata o mércores 21 de xuño (este incluído). Remitimos á Orde do 10 de maio de 2023 para información máis detallada da convocatoria e adxuntamos o Anexo I e o Anexo II, os documentos para a presentación da solicitude no centro. 

Desde o centro entregaránse os libros do fondo ao inicio do curso xunto co compromiso que as familias deben firmar e forralos (poderanse empregar os mesmos forros dun ano para outro se se conservan ben). 

AS MULLERES DO NOSO COLE

Relacionado coa conmemoración do día da muller traballadora realizamos no centro unha actividade para detectives. As mestras, a conserxe, a limpadora e a coidadora do comedor creamos unhas fichas que contiñan pistas e unha foto da nosa infancia para que el@s descubrisen quen se escondía detrás de cada ficha.

Unha vez listas as 16 fichas creamos códigos QR para colocalos en diferentes espazos do centro. Formamos equipos con todo o alumnado, entregamos un IPAD a cada equipo, unha táboa para anotar quen pensaban el@s que era cada unha de nós e puxéronse mans á obra.

Pasámolo moi ben escoitando as súas conclusións e vendo como @s maiores involucraron aos cativiñ@s.

 Noraboa equipos de detectives, sodes xeniais.

 

Animámosvos a ver a nosa galería coas fotos da dinámica. 

AS MULLERES DO NOSO COLE

ECOXOGO CON 3º E 4º

Ao longo deste curso no segundo ciclo de educación primaria traballamos contidos referidos ao reciclaxe, ao coidado do medio ambiente e a ecoloxía de forma dinámica. 

O alumnado de 3º e 4º de primaria fixemos un ecoxogo para aprender e divertirnos ao mesmo tempo. En grupos acordamos as regras do xogo e o deseño, escribimos no ordenador as normas e decoramos os taboleiros con moitas cores e debuxos. 

Elaboramos uns xogos ben divertidos e creativos para a nosa aula! Podedes ver os resultados e as fotos do proceso na nosa galería

A maiores, empregando as TICs, trasladamos todo o traballado a un "genially", polo que podemos participar tamén online! Animámosvos a xogar no seguinte enlace: ecoxogo.

ECOXOGO CON 3º E 4º

HORTO NA ESCOLA

Como tódolos anos o alumnado do centro participa no coidado do horto escolar. Seguimos aprendendo, medindo, plantando, coidando,… Compartindo aprendizaxes significativos. 

Destacar que na aula de 1º ciclo de Primaria é un proxecto interdisciplinar que abarca todo o curso escolar no que o resto do alumnado participa habitualmente.

Compartimos as fotos do proceso na nosa galería e podedes desfrutar dunha presentación moi chula da nosa profe Marina!

HORTO NA ESCOLA
Distribuir contido


by Dr. Radut