Skip to Content

Blogue de admin

COMEZAMOS COA PRESENTACIÓN DO PROXECTO DO CURSO

INICIO DE CURSO 2024-2025

Tal como se recolle no calendario escolar publicado pola Consellería de Educación, este curso as clases  comezarán o mércores 11 de setembro en horario normal, de 9 da mañá ás 2 da tarde.

As reunións de principio de curso coas familias terán lugar os días indicados no seguinte cadro.

 

 

Data

Hora

Nivel educativo

martes 10 de

SETEMBRO

ás 10:30 h.

3º e 4º   de E. P.

martes 10 de

SETEMBRO

ás 11:30 h.

Educación

Infantil 

martes 1 de

OUTUBRO

ás   16:00 h.

 

1º e 2º  de E. P.

martes 1 de 

OUTUBRO

ás 17:00 h.

5º e 6º de E. P.

 

 

 Bo comezo a tod@s!

LISTAS DE MATERIAL DO CURSO 24-25

CONVIVENCIA NO IES DE MUGARDOS.

PRAZOS PARA A XESTIÓN DE SOLICITUDES E RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS

Prazos para  a xestión de solicitudes e resolución da convocatoria do fondo solidario de  libros de texto e axudas para adquirir material.

Prazo de solicitude: Do 21 de maio de 2024 ao 21 de xuño de 2024 (ambos inclusive).

Devolución dos libros do curso 2023- 2024: ata o 21 de xuño.

Publicación da listaxe provisional: luns 24 de xuño.

Reclamación ás listaxes provisionais: días 25 e 26 de xuño.

Publicación de listaxes definitivas: xoves 1 de xullo.

Entrega de vales e libros do fondodende o día 2 ao 9 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas.

*As persoas que non recollan os vales e os libros do fondo nas datas fixadas, poderán recollelos na primeira semana de setembro.

 

XORNADAS DEPORTIVAS :SURF E REMO

MAIOS 2024

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO: AXUDAS PARA ADQUIRIR OS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/2025

 Xa está aberto o prazo para o fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros e material escolar para o curso 2024/2025. Dita convocatoria consiste en:

Alumnado destinatario:

Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de primaria, posto que 5º e 6º ao participar no proxecto E- DIXGAL está excluído da partcipación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria.

Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en educación primaria.

O alumnado que promociona á ESO presentará a solicitiude no IES onde reservou praza.

As solicitudes presentaranse a través da aplicación Fondolibros (Sede electrónica da Xunta) mediante o Certificado dixital ou a Chave 365, ou presencialmente na secretaría do centro.

O prazo de presentación de solicitudes é do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.

 

Deixamos a continuación a publicación da Orde no DOG na que se recolle todo o relativo a estas axudas e á documentación a entregar:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_es.pdf

Desde o centro entregaránse os libros do fondo ao inicio do curso xunto co compromiso que as familias deben firmar e forralos.

BECAS ALUMNADO NEAE. CURSO 2024-2025

Aberto o prazo pasa solicitar as BECAS E AXUDAS para o alumnado con NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (NEAE) para o curso 2024-2025.

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

O prazo de presentación de solicitudes é do 30 de abril ó 13 de setembro de 2024.

Para calqueira dúbida, poden contactar co Departamento de Orientación.

PICASSO. O NOSO PROXECTO DO GUERNICA.

Distribuir contido


by Dr. Radut