Skip to Content

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO: AXUDAS PARA ADQUIRIR OS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/2025

 Xa está aberto o prazo para o fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros e material escolar para o curso 2024/2025. Dita convocatoria consiste en:

Alumnado destinatario:

Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de primaria, posto que 5º e 6º ao participar no proxecto E- DIXGAL está excluído da partcipación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria.

Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en educación primaria.

O alumnado que promociona á ESO presentará a solicitiude no IES onde reservou praza.

As solicitudes presentaranse a través da aplicación Fondolibros (Sede electrónica da Xunta) mediante o Certificado dixital ou a Chave 365, ou presencialmente na secretaría do centro.

O prazo de presentación de solicitudes é do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.

 

Deixamos a continuación a publicación da Orde no DOG na que se recolle todo o relativo a estas axudas e á documentación a entregar:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_es.pdf

Desde o centro entregaránse os libros do fondo ao inicio do curso xunto co compromiso que as familias deben firmar e forralos.



blog | by Dr. Radut