Skip to Content

PROXECTO VELUTINAS: PRESENTACIÓN

CHEGOU O DÍA!

Hoxe @s alumn@s de 5º e 6º presentaron no centro o seu proxecto de concienciación sobre as vespas velutinas. Como mencionamos en entradas anteriores, cada equipo preparou un "genially" adaptado ao seu grupo e presentouno de forma interactiva, é dicir, permitindo que @s nen@s e as profes participasen en diferentes probas ou xogos. 

Agora é a quenda das familias... visitade a plataforma para participar no concurso "Velutísimos" creado polo equipo de Xoana, Bruno, Nadya e Florinda. 

Tamén vos deixaremos a opción de visitar o traballo do resto dos grupos, dado que fixeron unhas presentacións xeniais e moi ben adaptadas ás idades que lles tocaron:

- Iria, Teo e Yeray presentaron o seu quiz á clase de Educación Infantil. Apoiaron a súa exposición cunha presentación de power point a maiores e con actividades extra, como colorear o debuxo dunha vespa velutina. 

- Irene, Melissa e Óscar prepararon un xogo para o grupo de 1º e 2º de Educación Primaria. Plantexaron a exposición de forma moi dinámica, preparando "comodíns" e unha serie de pistas para axudar a resolver as preguntas. 

- Diego, Alejandro, Eneko e Andreia sorprendéronnos cun escape room terrorífico para 3º e 4º. Por grupos tiñan que avanzar nas probas do xogo e meterse na historia que nos presentaba unha situación na que querían acabar cunha vespa pantasma. 

 

Todos fixeron un traballo estupendo! Parabéns polo esforzo e os resultados conseguidos!

Deixámosvos a nosa galería para que poidades ver as fotos das presentacións. 

PROXECTO VELUTINAS: PRESENTACIÓN

PROXECTO VELUTINAS: DESENVOLVEMENTO

O proxecto está en marcha! Durante estas semanas @s nos@s alumn@s de 5º e 6º estiveron traballando nas súas exposicións. Utilizando a plataforma "genially" presentarán propostas coma xogos, scape rooms e concursos adaptados ás idades asignadas. 
 
Ademais, desde o centro ofrecemos unha actividade extra moi especial relacionada con esta temática! Temos que agradecer a Nathanny e á Policía Local por ensinarnos todo o necesario para preparar trampas para velutinas. Tivemos unha charla na que nos explicaron cómo crealas e posteriormente saímos á contorna para colocalas.
Tamén implicamos ás familias regalando as trampas que se fixeron no centro para que as poidan poñer nos seus xardíns, hortas,...
 
 
A continuación deixamos o enlace para ver a nosa galería de Drivepara que podades ver máis fotos destas actividades!
 

Admisión alumnado - Curso 2023-2024

Todo o alumnado que reservou plaza para o curso 2023-2024 foi admitido.

A listaxe definitiva está publicada no hall do centro.

PROXECTO VELUTINAS: O INICIO

O noso proxecto interdisciplinar arrancou motores e está en proceso! Contarémosvos os nosos avances ata chegar ás presentacións, pero antes compartiremos a historia de onde nace esta actividade.

Esta idea ven da man de dúas das nosas alumnas de sexto curso de educación primaria, Iria e Xoana. A súa curiosidade e xenerosidade motivounas a chegar á nosa escola cun niño de Velutinas! Polo que as mestras non puideron deixar escapar a oportunidade de indagar neste tema, aproveitando que @s compañeir@s quedaron moi impresionados con esta aportación.

Puxéronse mans á obra e organizáronse para investigar sobre estas avespas invasoras, incluso chegando a preparar unha presentación para que tod@s @s alumn@s e profes do centro puideran aprender da temática. 

Deixamos unhas fotos das irmás que fixeron posible este proxecto xunto coa exposición tan interesante que agora forma parte da entrada do centro. 

PROXECTO VELUTINAS: O INICIO

EDUCACIÓN EMOCIONAL

O desenvolvemento das habilidades emocionais, co obxectivo de xestionar as nosas emocións e comprender ás dos demais, é cada vez máis importante para o crecemento persoal e para a saúde mental dos nosos nenos e nenas. É moi importante traballalas desde ben pequenos no ámbito familiar e seguir introducindo a educación emocional nas aulas.

Por este motivo, desde o noso Departamento de Orientación, estamos acercando aos nosos nenos e nenas dinámicas de educación emocional e habilidades sociais mediante metodoloxías dinámicas.

 
EDUCACIÓN EMOCIONAL

As mulleres que nos constrúen

 

Partindo dunha prosposta coeducativa do Concello de Mugardos participamos nun obradoiro organizado por Tarabela Creativa que proporcionou momentos de disfrute ao noso alumnado coas mulleres das súas familias e na escola compartindo algo tan persoal.

@s almn@s tiveron que indagar información para cubrir un cuestionario que nos enviaron: eran vinte preguntas para que lle fixesen a unha muller da súa familia e tamén tiveron que seleccionar unha fotografía na que ela fose a protagonista. Troixeron a información e a foto ao centro e compartiron a información que descubriron, as fotos,…

Con todo o material aportado elaboramos un mural do que nos sentimos moi fachendos@s!

As mulleres que nos constrúen

PROXECTO VELUTINAS

Este trimestre sumerxirémonos nun proxecto interdisciplinar sobre as velutinas!

Ofrecerémosvos a oportunidade de coñecer a nosa nova aventura de investigación e concienciación sobre a temática, mediante unhas dinámicas ofrecidas polos alumnos e alumnas de 5º e 6º de educación primaria. Apoiaranse nas TIC para proporcionar información, non só aos seus compañeiros e compañeiras do centro, tamén ás profesoras e ás familias. 

Estade atentos o día 15 de maio para descubrir o que nos teñen preparado!

 

PROXECTO VELUTINAS

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 23-24

DESTINATARIOS:         Alumnado de nova incorporación ao centro.

PRAZO:                         Do 1 ao 20 de marzo de 2023

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: 

  • No centro educativo. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro. Podedes pedir o impreso no centro ou descargalo nos arquivos adxuntos. Xunto co impreso de solicitude deberase adxuntar unha fotocopia do libro de familia e, para o alumnado de primaria que provén doutro centro, un certificado de matrícula. 
  •  A través de internet:

 o  Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.

 o  Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.

 Tedes a información relativa no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/PaxinaInicio.action#

Nos arquivos adxuntos tedes o impreso de solicitude e un documento co número de prazas vacantes que se ofertan por curso.

 

 

 

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO: RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN

Dende o día 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro, está aberto o prazo para realizar a reserva de praza no centro de adscrición (IES de Mugardos), para o alumnado de 6º de Educación Primaria.

As solicitudes deberán presentarse no noso centro ou telematicamente, a través da aplicación "AdmisionAlumnado":

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

As familias que non queiran facer reserva no centro adscrito, deberán solicitar praza para @s seus/súas fill@s no centro da súa elección entre o 1 e o 20 de marzo.

Distribuir contido


by Dr. Radut