Actividades na contorna

Actividades na contorna

Neste apartado iremos engadindo información sobre as actividades deportivas que se poden realizar na nosa contorna

No propio concello:

Actividades extraescolares do CEIP Santa María

Clubs:

- Rugby: Fendetestas (preme para obter máis información)

En concellos cercanos

Clubs:

- Voleiball: Club deportivo Aldebarán en San Sadurniño

Clube de Rugby Fendetestas

O CR Fendetestas é o clube de rugby da vila das Pontes. O seu obxectivo principal é formar persoas en valores a través do deporte, e do rugby en concreto. Actualmente conta cun equipo senior masculino, e na categoría senior feminina ten varias xogadoras cedidas no Santiago RC. Ademais, compite nas categorías M14, M16 e M18 da man da Unión do Norte Rugby, un equipo formado pola rapazada de 13 a 17 anos do Muralla RC (Lugo), ER Astérix (Viveiro), Capóns Vilalba RC e do propio CR Fendetestas. Tamén traballa no fomento do rugby entre as crianzas de 4 a 12 anos, participando nas Concentracións de Escolas de rugby organizadas pola Federación Galega de Rugby. 

As xornadas de adestramento son as seguintes:

 

Categoría: masculino e feminino

Horario: martes e xoves de 20.00 a 21.30h

Lugar: Campo municipal Evaristo Puentes Durán

 

Categoría: Academia (M14, M16 e M18)

Horario: martes de 19.00 a 20.30 e xoves de 18.30 a 20.00

Lugar: Campo municipal Evaristo Puentes Durán

 

Categoría: Escola (M12)

Horario: xoves de 18.30 a 20.00 e sábado de 10.30 a 12.00

Lugar: Campo municipal Evaristo Puentes Durán (xoves) e Campo indoor (sábado)

 

Categoría: Escola (M10)

Horario: sábado de 12.00 a 13.30

Lugar: Campo indoor

 

Categoría: Escola (M8)

Horario: sábado de 11.00 a 12.00

Lugar: Campo indoor

 

Categoría: Escola (M6)

Horario: sábado de 12.00 a 13.00

Lugar: Campo indoor

 

Os medios de contacto do clube son os seguintes:

Email: info@crfendetestas.com

Teléfono: 604 04 04 08

Web: www.crfendetestas.com

Facebook: https://www.facebook.com/crfendetestas/  

Instagram: https://www.instagram.com/cr.fendetestas/

Distribuir contido