Festival de Nadal

O día 21 de decembro celebramos no colexio o festival de nadal. Todos os alumnos/as participaron en actividades diversas: obras de teatro, cancións, flauta, bailes.... TIvemos moitos espectadores que se portaron de maravilla e nos aplaudiron moito.

VÉU PAPA NOEL

O día 21 de decembro tivemos no centro a visita de Papa Noel que no corredor do pasillo atendeu unha por unha as peticións dos nenos/as, recolleu as cartas preparadas e tamén reparteu larpeiradas entre todos e todas.


Papa NoelPapa Noel


 

concerto de música

O pasado día 7 de decembro tivemos no colexio un concerto de lírica patrocinado polo Concello de Moeche en colaboración coa Deputación da Coruña. Foi un gran espectáculo de ópera na que a compañía musical nos ofreceu fragmentos de óperas de compositores tan coñecidos como Puchini, Tchaikovsky e o famoso "Rigoletto". Todo isto acompañado de narradoreas que ían explicando as diferentes historias  así como de un fabuloso animador que facía saír as risas máis divertidas do público.

MAGOSTO E SAMAÍN

CABAZA GAÑADORA. PREMIO Á MÁIS TERRORÍFICA        PREMIO Á CABAZA MAÍS ENXEBRE


O día 31 de outubro celebramos no colexio unha festa do Magosto e do Samaín. Convidamos a toda a comunidade educativa a participar. A xornada comezou con actividades desenvolvidas na biblioteca: contos, cancións, pequenos sustos.... A continuación chegaron os pais/nais/avós... e comezamos a decoración de cabazas. Máis tarde un xurado composto por pais e mestres escolleu as 4 cabazas gañadoras: a máis orixinal, a máis enxebre, a máis terrorífica e a máis divertida. Finalmente rematamos cunha papatoria de empanada e castañas asadas con refrescos no patio cuberto do colexio. Pasámolo moi ben.


PREMIO Á CABAZA MÁIS DIVERTIDA         PREMI Á CABAZA MÁIS ORIXINAL


 


 


 


 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA ÁS MULLERES curso 2012-2013

Un ano máis participamos no concurso de lemas sobre a "non violencia de xénero"organizado polo Concello de Moeche.


O día 26 de novembro despois do recreo levamos a cabo as seguintes actividades complementarias:



  • Entrega de premios aos alumnos/as autores dos lemas gañadores. Esta actividade foi presidida polo Concelleiro de Cultura do Concello e a responsable da Biblioteca municipal.

  • Participación nunha "Xincana" tamén ofrecida polo Concello de Moeche, donde os nenos e nenas dirixidos por monitores participaron en varias probas relacionados con esta temática.

 

ANÁLISE E INSTALACIÓNS

O colexio comeza a funcionar como Escola Comarcal Mixta en 1972, acollendo aos rapaces das escolas do Concello, que se corresponden coas parroquias do Concello: Abade, Labacengos, San Xoán, San Xurxo e Santa Cruz.

Era un centro de 8 unidades, con 8 mestres/as, onde había un director, un secretario e unha mestra encargada do comedor.

As instalacións do centro, que foi construido entre os anos 1971 e 1972 permaneceron no estado actual ata a reforma levada a cabo no curso 1990/91. Basicamente, hai unha zona destinada a aulas, outra á cociña e comedor e unha terceira onde se ubica o patio cuberto, na que se encontran a biblioteca, a sala de informática e o laboratorio. Entre estas dúas últimas zonas está o ximasio.

Son instalacións que consideramos como suficientes para o tipo de centro que é, 2 unidades de Educación Infantil e 6 de Primaria, que no curso 2009/10 pasaron a ser 4 (unha mixta de 1º e 2º, unha mixta de 3º e 4º unha de 5º e unha de 6º).

En canto ao ximnasio que temos, é necesario un amaño do mesmo, xa que primeiro é bastante pequeno, para que poida cumplir as funcións que lle son propias e segundo é un espacio moi frío xa que carece de calefacción e falso teito, polo que a práctica nel faise nunhas condicións un tanto precarias. Tamén se deberían remozar as instalacións do Laboratorio.

Ademais das instalacións do colexio en sí, están as instalacións exteriores. Dispón o centro dunha boa superficie de patio, repartida tal como se ve na foto adxunta.

En canto a instalacións deportivas, como aspecto positivo destaca a posibilidade do uso do pavillón municipal. Na parte negativa, mencionar a pista polideportiva, cun piso moi duro e esvaradizo pola falta de coidados e goteiras.

Destacar tamén a posibilidade de ter espacios alternativos para diferenciar zonas de xogo de grandes e pequenos. Tamén supón un aspecto educativo interesante dispor dunha zona de monte, aproveitable para realizar plantacións e actividades medioambientais.

Localización do centro

Aquí podedes apreciar a ubicación do centro en Google Maps:
Ver CEIP de San Ramón de Moeche en un mapa más grande


Ver mapa más grande

Ver CEIP de San Ramón de Moeche en un mapa más grande

Powered by Drupal - Design by artinet