Animación á lectura

GUÍA DE LECTURA PARA O VERÁN

Dende o equipo de biblitoeca do centro queremos lembrar que no verán, ademais de todas as cousas que facemos, podemos deixarlle un oco a lectura. Para elo deixamos unha guía de libros recomendados.

 

http://bibliomoeche.hol.es/

UNHA BOA NOVA

Recibimos no cole unha carta de agradecemento dende o Sahara! Non conto máis, miradea...

 

MODESTINA QUERE SABER... 2ª EDICIÓN

O pasado luns finalizaba unha nova edición do exitoso concurso Modestina quere saber... Unha loita investigadora onde os participantes descubren moitas cousas a través da indagación en diferentes medios...

 

Este ano houbo 6 equipos participantes, noraboa a todos eles porque traballaron moito ó longo de todo o curso e un especial nomeamento ó equipo STARTS, flamante campión desta edición (Tania, Nerea a Francisco).

 

Dende aquí queremos animarvos a participar na seguinte edición no curso próximo!

 

 


Podes ver todas as fotos no seguinte enlace:  http://bibliomoeche.hol.es/

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2013

Este ano no cole celebramos o día das Letras Galegas, como xa ven sendo tradición, cunha xornada de xogos e danzas populares. Previamente todos os nenos e nenas do centro traballaron nas súas aulas a figura de Roberto Vidal Bolaño e fixeron uns traballos maravillosos que podedes ver na exposición dos corredores do colexio. 

Nas clases de EF tamén xogaron a esos xogos que perviven na nosa sociedade por seren transmitidos de xeración en xeración, como son os xogos populares.

Finalmente para xuntar todo o traballo e pasar unha xornada divertida invitamos a todas as familias a pasar un anaco todos xuntos no pavillón practicando diferentes xogos populares, construíndo un mural sobre Roberto Vidal Bolaño e rematando a festa cun gran baile amenizado polo grupo "No cómbaro" ao cal lle queremos agradecer a sú presenza, xa que fixeron a nosa xornada ideal!

Esperemos que se poida repetir en futuros cursos xa que os nenos e nenas pasárono en grande!

 

CONTACONTOS

 

O pasado martes un gran contacontos visitou o noso centro. Foi unha actividade moi fermosa onde os nenos e nenas do cole se "colaron" na salón da casa de Conta e Conto, dous velliños moi simpáticos capaces de traer toda a maxia do mundo a nosa biblioteca. Fixéronnos cantar, bailar, desfrutar, aprender valores e, sobre todo, divertirnos!

 

Agradecemos a editorial Everest por facelo posible!

CONTACONTOS RATIÑO PÉREZ

Esta mañá, os nenos e nenas de 2º curso ofrecéronnos un contacontos moi orixinal. Era sobre o conto do rato Pérez e, coa axuda dunhas láminas narraron a historia do ratiño ao alumnado de Educación Infantil. Fixérono moi ben e ao final lles regalaron uns globos e caramelos ós seus compis pequenos e lles explicaron o que tiñan que facer se se lles caia un dente.

 

 

Podedes ver todas as fotos da actividade en http://biblio.moeche.netne.net/

APADRIÑAMENTO LECTOR

 

 

O apadriñamento lector foi unha maneira excelente de clausurar a nosa festa do libro. Os alumnos/as máis maiores apadriñaron ós máis pequenos e tiveron que lerlles un conto e compartir uns minutos xuntos. O día acompañou e resultou unha actividade moi bonita. Esperamos poder seguir realizádoa ano tras ano!

DON QUIJOTE DE LA MANCHA

 

P { margin-bottom: 0.21cm; }

DON QUIJOTE DE LA MANCHA.

 

Previamente, en sesións anteriores, os alumnos/as de 2º e 3º ciclo traballaron na biblioteca a famosa obra de Cervantes. As actividades que fixeron foron as seguintes:

 

  • PALABRAS FUXITIVAS: nun texto orixinal da obra coláronse unha serie de palabras ou expresión que non debían estar aí. Co gran traballo do grupo descubrimos que naquela época non había espadas láser, whatsapp, smartphone, mails, naves espaciais ou billetes de 100 euros...

  • RETRATO DE DULCINEA: nesta ocasión o profe tivo que enganar, nun principio ó alumnado, xa que lles dixo que era unha competición de debuxo rápido da amada de Don Quijote. Eles non se deron conta pero non tiñan a mesma descrición da rapaza. Un grupo debuxou en base a unha descrición e o outro en base a unha completamente oposta. De esta maneira saliron varias Dulcineas que parecían princesas e varias que parecían homes barbudos, sucios e cheirentos. Ao cotexalas chegamos a conclusión (despois dunhas cantas recriminacións en tono humorístico polo engano) de que unha das descricións estaba feita por Sancho Panza que vira a Dulcinea e a outra pola toliña cabeza de don Quijote que a imaxinaba como unha princesa para o cabaleiro andante que se cría que era.

  • BÁLSAMO DE FIERABRÁS: os participantes debían preparar un spot publicitario imaxinando, cos medios que temos hoxe en día, que debían promocionar o bálsamo para a sú venda. Con esta actividade descubrimos nos nosos alumnos/as unha gran imaxinación e un humor que fixo dos spots todo un éxito. Dende uns homes destrozados que tras beber o bálsamos eran capaces de levantar as cadeiras de biblio, ata uns divertidísimos slogans cunhas rimas do máis creativas, pasando polas típicas frases de teletenda do estilo “a mi me vino muy bien” ou “Don Quijote presenta el bálsamo de Fierabrás: pruébalo y verás”.

  • EL CHAT DE DON QUIJOTE Y SANCHO: como todos sabemos, cabaleiro e escudeiro eran moi bos amigos pero... e se naquela época tivesen teléfonos móbiles ou ordenadores con chat? Con este xogo comprobamos como serían as conversas entre os dous e resultaron moi orixinais (nas fotos tedes algunha reproducida).

XINCANA CONTOS POPULARES

 

 

XINCANA DE CONTOS POPULARES

 

Nos días previos as actividades as profes de Infantil e 1º ciclo traballaron os contos escollidos nas aulas, para que os nenos e nenas chegaran as mesmas sendo todos uns expertos/as. E así foi, vaia se foi! Na primeira actividade xa arrasaron! A xincana compoñíase de catro xogos, nos cales, se o facían ben, recibían unha peza dun crecabezas.

  • Comezamos con “A mímica dos contos”. O profe facía unha serie de xestos, sen falar, que tiñan que ver cun conto coñecido e o alumnado tiña que adiviñar para poder conseguir unha peza.

  • “Os gazapos”: o profe lía un fragmento da Cinsenta que tiña unha serie de “gazapos” ou cousas que non deberían estar aí. Os nenos e nenas acertaron todos!

  • “A mazá envelenada de Brancaneves”. O grupo converteuse nunha serie de ananiños que tiñan que pasarse en círculo unha mazá (pelota) para evitar que Brancaneve (que estaba no medio) a collese e se envelenase.

  • “Todos contra o lobo”: os personaxes dos contos unen as súas forzas para intentar derrotar ao lobo no xogo do sogatira. Despois de varios intentos inútiles, démonos conta de que as cousas non se solucionan á forza, senón que debemos falar para arreglalas.

  • “A construcción do crebacabezas”. Como o fixeron tan ben, os dous equipos tiñan todas as pezas para resolver o enigma.

DÍA DO LIBRO 2013

 

 

O pasado mércores 24 celebramos no cole o Día do libro e, como non podía ser doutra maneira, pasámolo xenial. A mañá comezaba ben cunha gran xincana de xogos populares que fixeron os máis pequenos do centro. A continuación o alumnado de 2º e 3º ciclo realizou unha actividades sobre Don Quijote de la Mancha que resultaron moi divertidas.



Para finalizar o día fixemos a APADRIÑAMENTO LECTOR, o día acompañou  e puidemos realizalo fóra.



Se queredes máis información sobre como foron todas e cada unha das actividades entra na sección da biblioteca desta mesma páxina. Para ver toda a galería de fotos podes acceder o blogue da biblioteca:



biblio.moeche.netne.net

Powered by Drupal - Design by artinet