Animación á lectura

BO TRABALLO!

Despois dunhas semanas de traballo traendo, comprando e vendendo os libros de segunda man, podemos calificar de éxito a actividade; xa que, podemos dicir que se vendeu case a totalidade de todos os volumes que se trouxeron a escola. O total recaudado é de 265,70€ e será destinado de xetio íntegro, como previamente se informou, á excursión de fin de curso na cal participará todo o alumnado do centro. 

 

O centro quere aproveitar a ocasión para dar as grazas a toda a comunidade educativa por colaborar na actividade, xa que sen a vosa colaboración non sería posible. 

 

 

 

MOITAS GRAZAS!

ÚLTIMOS DÍAS!

Como xa sabedes estamos nos últimos días do noso mercado de libros de segunda man. Lembrade que ata o martes podedes comprar os poucos libros que quedan xa.

Para elo baixamos os prezos e contamos con varias atractivas ofertas. Animádevos a pasar polo cole a axudar aos nosos pequenos a ter unha gran excursión de fin de curso!

 

CONTACONTOS

Hai uns días na bilbio do cole houbo un contacontos moi especial, xa que nesta ocasión o alumnado de 5º foi o encargado de facer pasar un bo rato aos seus "compis" de 1º, 2º e 3º. A obra escollida foi "O xastriño valente". Fixérono xenial e desfutaron todos/as moito, tanto os contacontos coma os espectadores/as. Esperamos repetir pronto! 

 

 

Podedes ver todas as fotos no blogue da biblio: biblio.moeche.netne.net

Mercadillo de libros de 2ª man

O Mercadillo de libros de 2ª man dará comezo o vindeiro luns día 18 de marzo . Poderán asisir a el e participar nas compras todos aqueles membros da Comunidade Educativa que o desexen respectando os horarios que se indican:



  • Nenos e nenas do centro poderán mirar e mercar todos os días lectivos en horario de recreo.

  • Os adultos poderán asistir os luns, martes e xoves de 15:30 a 16:30 horas.

Unha vez rematado o mercadillo, farase pública na porta do colexio  e tamén nesta web o listado de libros vendidos e os importes acadados.


Aqueles libros que non foran vendidos, poderán ser recollidos novamente polos seus donos a partir do día 9 de abril.


Os fondo obtidos serán empregados na excursión de fin de curso.


Tamén se pode consultar os horarios no calendario de eventos.


 


Mercadillo de libros de 2ª man

BIBLIOTECA DE MODESTINA

No blogue da biblioteca podes consultar todas as actividades de animación a lectura que se realizan no cole.

 

biblio.moeche.netne.net

Powered by Drupal - Design by artinet