Complementarias

Plan DIrector: "Riscos en Internet"

O pasado día 22 de abril os alumnos de 2º e 3º ciclos de Educación Primaria recibiron unha charla por parte da Garda Civil sobre diferentes aspectos do uso das novas tecnoloxías poñendo especial énfasis nos riscos que entraña internet cando non se coñece plenamente e se fai un uso correcto do mesmo.


Ese mesmo día pola tarde, realizouse outra charla coa mesma temática para adultos á que asisiton un reducido grupos de pais/nais e a totalidade do profesorado do Centro.

Charla sobre incendios forestales

O vindeiro luns 25 de febreiro viñeron ao centro dous gardas civiles do corpo de SEPRONA para explicar aos nenos/as do Centro os comportamentos máis axeitados para coidar do Medio Ambiente. Tamén explicaron e mostraron útiles que empregan na investigación dos incendios e, por suposto, trouxeron vehículos da Garda Civil e todos puideron probar que se sinte dentro deles.


SEPRONA no CEIP San Ramón


 


SEPRONA no CEIP San Ramón


 Tedes máis fotos e máis grandes na galería.

Antroido

Un ano máis celebramos o antroido no colexio. Este ano o disfrace trataba sobre os contos populares: os nenos/as de 3 anos ían disfrazados dos "Tres Porquiños";


fotos carnaval


os de 4 e 5 anos ían de "Peixe Arco Iris";


carnaval


os de 1º ciclo do conto "O frautista de Hamelín";


carnaval


os do 2º ciclo ían de "Brancaneves e os sete ananiños";


carnaval


e por últimos os do 3º ciclo ían de "Alí Baba e os corenta ladróns"


carnaval


Comezamos cun pequeno paseo polas rúas da vila ata chegar ao Concello. Alí nos recibiron todos os empregados do Concello e tamén o señor Alcalde, cantamos, rimos e todos recibimos agasallos (alumnos e mestres). Queremos agradecer o ben que nos trataron.


Disfrazados no Concello


 


Regresamos ao colexio algo pasados por auga porque nos caeu enriba unha boa chuvisqueira pero aínda así pasámolo moi ben. Cando chegamos ao colexio, estaban esperando os familiares para celebrar a festa; pasamos todos ao pavillón deportivo onde desfilamos primeiro os nenos/as cos nosos mestres/as, despois desfilaron os pais/nais/ avós.. e os rapaces elexiron os tres gañadores: o disfraz maís enxebre, o máis simpático e o máis orixinal. A verdade que todos eran fabulosos.


desfile


A continuación participamos en varios xogos e bailes organizados polo mestre de Educación Física que nos fixo facer de todo e rirnos moitísimo.


Despois aproveitamos un claro, saimos fora queimar o meco, cantarlle unha canción e a lectura de coplas por parte dos alumnos/as do 2º e 3º ciclo. As coplas podedes lelas ao final desta páxina.


 


E por último no patio cuberto do colexio tomamos empanada, doces típicos de entroido e refrescos.


Pasámolo moi ben e grazas a todos/as por vir e participar.

Powered by Drupal - Design by artinet