Antroido

Un ano máis celebramos o antroido no colexio. Este ano o disfrace trataba sobre os contos populares: os nenos/as de 3 anos ían disfrazados dos "Tres Porquiños";


fotos carnaval


os de 4 e 5 anos ían de "Peixe Arco Iris";


carnaval


os de 1º ciclo do conto "O frautista de Hamelín";


carnaval


os do 2º ciclo ían de "Brancaneves e os sete ananiños";


carnaval


e por últimos os do 3º ciclo ían de "Alí Baba e os corenta ladróns"


carnaval


Comezamos cun pequeno paseo polas rúas da vila ata chegar ao Concello. Alí nos recibiron todos os empregados do Concello e tamén o señor Alcalde, cantamos, rimos e todos recibimos agasallos (alumnos e mestres). Queremos agradecer o ben que nos trataron.


Disfrazados no Concello


 


Regresamos ao colexio algo pasados por auga porque nos caeu enriba unha boa chuvisqueira pero aínda así pasámolo moi ben. Cando chegamos ao colexio, estaban esperando os familiares para celebrar a festa; pasamos todos ao pavillón deportivo onde desfilamos primeiro os nenos/as cos nosos mestres/as, despois desfilaron os pais/nais/ avós.. e os rapaces elexiron os tres gañadores: o disfraz maís enxebre, o máis simpático e o máis orixinal. A verdade que todos eran fabulosos.


desfile


A continuación participamos en varios xogos e bailes organizados polo mestre de Educación Física que nos fixo facer de todo e rirnos moitísimo.


Despois aproveitamos un claro, saimos fora queimar o meco, cantarlle unha canción e a lectura de coplas por parte dos alumnos/as do 2º e 3º ciclo. As coplas podedes lelas ao final desta páxina.


 


E por último no patio cuberto do colexio tomamos empanada, doces típicos de entroido e refrescos.


Pasámolo moi ben e grazas a todos/as por vir e participar.

Powered by Drupal - Design by artinet