DON QUIJOTE DE LA MANCHA

 

P { margin-bottom: 0.21cm; }

DON QUIJOTE DE LA MANCHA.

 

Previamente, en sesións anteriores, os alumnos/as de 2º e 3º ciclo traballaron na biblioteca a famosa obra de Cervantes. As actividades que fixeron foron as seguintes:

 

  • PALABRAS FUXITIVAS: nun texto orixinal da obra coláronse unha serie de palabras ou expresión que non debían estar aí. Co gran traballo do grupo descubrimos que naquela época non había espadas láser, whatsapp, smartphone, mails, naves espaciais ou billetes de 100 euros...

  • RETRATO DE DULCINEA: nesta ocasión o profe tivo que enganar, nun principio ó alumnado, xa que lles dixo que era unha competición de debuxo rápido da amada de Don Quijote. Eles non se deron conta pero non tiñan a mesma descrición da rapaza. Un grupo debuxou en base a unha descrición e o outro en base a unha completamente oposta. De esta maneira saliron varias Dulcineas que parecían princesas e varias que parecían homes barbudos, sucios e cheirentos. Ao cotexalas chegamos a conclusión (despois dunhas cantas recriminacións en tono humorístico polo engano) de que unha das descricións estaba feita por Sancho Panza que vira a Dulcinea e a outra pola toliña cabeza de don Quijote que a imaxinaba como unha princesa para o cabaleiro andante que se cría que era.

  • BÁLSAMO DE FIERABRÁS: os participantes debían preparar un spot publicitario imaxinando, cos medios que temos hoxe en día, que debían promocionar o bálsamo para a sú venda. Con esta actividade descubrimos nos nosos alumnos/as unha gran imaxinación e un humor que fixo dos spots todo un éxito. Dende uns homes destrozados que tras beber o bálsamos eran capaces de levantar as cadeiras de biblio, ata uns divertidísimos slogans cunhas rimas do máis creativas, pasando polas típicas frases de teletenda do estilo “a mi me vino muy bien” ou “Don Quijote presenta el bálsamo de Fierabrás: pruébalo y verás”.

  • EL CHAT DE DON QUIJOTE Y SANCHO: como todos sabemos, cabaleiro e escudeiro eran moi bos amigos pero... e se naquela época tivesen teléfonos móbiles ou ordenadores con chat? Con este xogo comprobamos como serían as conversas entre os dous e resultaron moi orixinais (nas fotos tedes algunha reproducida).

Powered by Drupal - Design by artinet