XINCANA CONTOS POPULARES

 

 

XINCANA DE CONTOS POPULARES

 

Nos días previos as actividades as profes de Infantil e 1º ciclo traballaron os contos escollidos nas aulas, para que os nenos e nenas chegaran as mesmas sendo todos uns expertos/as. E así foi, vaia se foi! Na primeira actividade xa arrasaron! A xincana compoñíase de catro xogos, nos cales, se o facían ben, recibían unha peza dun crecabezas.

  • Comezamos con “A mímica dos contos”. O profe facía unha serie de xestos, sen falar, que tiñan que ver cun conto coñecido e o alumnado tiña que adiviñar para poder conseguir unha peza.

  • “Os gazapos”: o profe lía un fragmento da Cinsenta que tiña unha serie de “gazapos” ou cousas que non deberían estar aí. Os nenos e nenas acertaron todos!

  • “A mazá envelenada de Brancaneves”. O grupo converteuse nunha serie de ananiños que tiñan que pasarse en círculo unha mazá (pelota) para evitar que Brancaneve (que estaba no medio) a collese e se envelenase.

  • “Todos contra o lobo”: os personaxes dos contos unen as súas forzas para intentar derrotar ao lobo no xogo do sogatira. Despois de varios intentos inútiles, démonos conta de que as cousas non se solucionan á forza, senón que debemos falar para arreglalas.

  • “A construcción do crebacabezas”. Como o fixeron tan ben, os dous equipos tiñan todas as pezas para resolver o enigma.

Powered by Drupal - Design by artinet