LIBRO DE TEXTO - CURSO 2023-2024

LIBROS DE TEXTO

LIBROS DE TEXTO I

 

 

 

 

 

     

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA- CURSO 2023-2024

IMPRESO MATRÍCULA

 


http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanramonmoeche/system/files/Impreso%20matr%C3%ADcula.pdf

FONDO LIBROS E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

FONDO LIBROS E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 Sairon publicadas as Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 19 de maio de 2023.

ORDE FONDO LIBROS 

Prazo de solicitude:     do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos

Forma de presentación:

  • Electrónica: a través da Sede Electrónica. Procedemento administrativo:     ED330B

           NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubrindo os datos na  aplicación(), imprimindo(FONDO LIBROS os Anexos I e II producidos e presentándoos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presentados no centro educativo

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023

Para a entregue da documentación no centro, deberase facer con:

 CITA PREVIA(881930329/30)

PLAN DIXITAL

Documentación Plan Dixital

LISTADO LIBROS DE TEXTO 2022-2023

 

Aquí podedes consultar o listado de libros de texto para o curso 2022-2023.

 

https://www.dropbox.com/s/plwwwo3z0g6thgc/LIBROS%20DE%20TEXTO%20curso%202022-2023_signed.pdf?dl=0

https://www.dropbox.com/s/4jskf8hze2pm738/LIBROS%20DE%20TEXTO%20II%20curso%202022-2023_signed.pdf?dl=0

FONDO LIBROS CURSO 2022-2023

FONDO LIBROS CURSO 2022-2023

Neste enlace podedes ver o LISTADO DEFINITIVO DO FONDO LIBROS.

https://www.dropbox.com/s/lqska5ulfi8rcg2/Listaxe%20definitiva.pdf?dl=0

 

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). 

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o 19 de maio e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído)

Orde 29 de abril 2022 fondo libros

     

Extracto da orde

     

SOLICITUDE
IMPORTANTE: Para a entrega das solicitudes poderase facer a través da sede electrónica da Xunta o de xeito presencial no propio centro pero sempre con CITA PREVIA. 881930329/30  EXTRACTO RESUMO:

Documentación para a presentación

Solicitude segundo o Anexo I.

Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

- Certificado ou volante de convivencia.

- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

 

Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.

Comprobación de datos .

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo I e achegar unha copia dos documentos.

DNI ou NIE da persoa solicitante.

DNI ou NIE da persoa representante.

Marque o recadro correspondente no Anexo I para sinalar as circunstancias que lle sexa de aplicación :

Certificado de discapacidade expedido pola Administración autonómica.

Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clase pasivas.

 

BECAS EDUCACIÓN

o sábado 10 de marzo publicouse no BOE a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023.

Modifícanse os prazos e o procedemento de xestión das solicitudes.

O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.

A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

Nunha 1ª Fase preténdese realizar as comprobacións económicas.
As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.

Nunha 2ª fase informarase os solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dándolles un prazo para formular alegacións se procede.
Doutra banda, informarase tamén do procedemento e prazo para que poidan modificar a súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos.

Máis información na seguinte ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.

PROCEDEMENTO DE ADIMISION DO ALUMNADO CURSO 2022-2023

 

ORDE DE ADMISIÓN

https://www.dropbox.com/s/s6vsxk9apwbbile/Anuncio%20admisi%C3%B3n%20alumnado%20curso%202022-2023.pdf?dl=0

No enlace inferior pódese descargar a instancia de solicitude de admisión.

https://www.dropbox.com/s/u1v9b2w1guq5pf7/instancia%20admisi%C3%B3n.pdf?dl=0

VACANTES

https://www.dropbox.com/s/l3g74lrp8ltiv0z/Vacantes.pdf?dl=0

IMPORTANTE:

Presentación solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo

A entrega das solicitudes debe facerse sempre con "Cita Previa" a través o correo electrónico do centro ou mediante chamada telefónica.

Correo electrónico: ceip.sanramon.moeche@edu.xunta.es

Telefóno: 881930329/30

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

No enlace inferior tedes toda a información sobre o proceso das eleccións ao consello escolar deste curso: calendario, modelo candidatura, convocatorias,...

https://www.dropbox.com/sh/uowyagddnczelu1/AAACq_7qQJZhdPTZlF9KA8oEa?dl=0

 

Powered by Drupal - Design by artinet