Extraescolares

FIN DE CURSO

O día 21 de xuño os nenos e nenas do cole deron por rematado curso escolar, e que mellor maneira de facelo que cunha gran festa. En primeiro lugar fixemos a I OLIMPIADA DO CEIP SAN RAMÓN, que constaba de varias probas de atletismo que fixeron moi ben e incluso levaron un diploma!!!

Despois realizamos unha festa no patio (ata que a chuvia dixo o contrario) que constaba dun castelo enorme e varios obradoiros (maquillaxe, papiroflexia e globoflexia) os cales desfrutamos moito.

Para rematar, e como xa ven sendo normal neste centro, fixemos unha gran comellada coas familias. Comimos unhas pizzas moi ricas e refrescámonos cuns refrixerios. 

Por último recollimos as notas e despedímonos (algún con algunha pequena bágoa).

Pasámolo xenial na festa de fin de curso e foi unha boa maneira de despedirnos todos e todas ATA O CURSO PRÓXIMO!

 

 

Podedes ver a galería completa do que foi a festa no seguinte link:  https://picasaweb.google.com/105786060229737571282/FinDeCurso

 

Unha aperta a tod@s!!!

Excursión fin de curso

Como xa estaba indicado na sección de eventos, o pasado día 19 de xuño fixemos unha excursión de fin de curso a Coruña para visitar i Aquarium, o Museo do Muncyt e o Museo de Fenosa de arte contemporáneo. Pasámolo moi ben. Aquí tedes algunha foto e se queredes ver máis podedes mirar na galería de fotos.

 

 

Ver galería completa no seguinte enlace: https://picasaweb.google.com/105786060229737571282/ExcursionACoruna 

Saída á feira

O día 23 de maio aproveitando que era día de feira en Moeche e que o tempo acompañaba, fixemos unha saída pola zona da feira. Cada neno/a maior era o responsable dun dos pequenos e así demos unha volta polas diferentes partes da feira: roupa, animais, comida,; vimos a veciños, parentes, amigos..... e gustounos moito.


Saída á feira---------saída á feira


Ao remate do paseo, os mestres/as leváronos á zona do Concello onde comimos churros e rosquillas que os mestres/as nos mercaron na feira.


saída á feira


Para rematar xogamos un rato no parque do Concello e finalmente voltamos ao colexio.


Foi unha saída sinxela pola comarca pero moi bonita.

Mercadillo de libros de 2ª man

O Mercadillo de libros de 2ª man dará comezo o vindeiro luns día 18 de marzo . Poderán asisir a el e participar nas compras todos aqueles membros da Comunidade Educativa que o desexen respectando os horarios que se indican:



  • Nenos e nenas do centro poderán mirar e mercar todos os días lectivos en horario de recreo.

  • Os adultos poderán asistir os luns, martes e xoves de 15:30 a 16:30 horas.

Unha vez rematado o mercadillo, farase pública na porta do colexio  e tamén nesta web o listado de libros vendidos e os importes acadados.


Aqueles libros que non foran vendidos, poderán ser recollidos novamente polos seus donos a partir do día 9 de abril.


Os fondo obtidos serán empregados na excursión de fin de curso.


Tamén se pode consultar os horarios no calendario de eventos.


 


Mercadillo de libros de 2ª man

Powered by Drupal - Design by artinet