Dependencias

ANÁLISE E INSTALACIÓNS

O colexio comeza a funcionar como Escola Comarcal Mixta en 1972, acollendo aos rapaces das escolas do Concello, que se corresponden coas parroquias do Concello: Abade, Labacengos, San Xoán, San Xurxo e Santa Cruz.

Era un centro de 8 unidades, con 8 mestres/as, onde había un director, un secretario e unha mestra encargada do comedor.

As instalacións do centro, que foi construido entre os anos 1971 e 1972 permaneceron no estado actual ata a reforma levada a cabo no curso 1990/91. Basicamente, hai unha zona destinada a aulas, outra á cociña e comedor e unha terceira onde se ubica o patio cuberto, na que se encontran a biblioteca, a sala de informática e o laboratorio. Entre estas dúas últimas zonas está o ximasio.

Son instalacións que consideramos como suficientes para o tipo de centro que é, 2 unidades de Educación Infantil e 6 de Primaria, que no curso 2009/10 pasaron a ser 4 (unha mixta de 1º e 2º, unha mixta de 3º e 4º unha de 5º e unha de 6º).

En canto ao ximnasio que temos, é necesario un amaño do mesmo, xa que primeiro é bastante pequeno, para que poida cumplir as funcións que lle son propias e segundo é un espacio moi frío xa que carece de calefacción e falso teito, polo que a práctica nel faise nunhas condicións un tanto precarias. Tamén se deberían remozar as instalacións do Laboratorio.

Ademais das instalacións do colexio en sí, están as instalacións exteriores. Dispón o centro dunha boa superficie de patio, repartida tal como se ve na foto adxunta.

En canto a instalacións deportivas, como aspecto positivo destaca a posibilidade do uso do pavillón municipal. Na parte negativa, mencionar a pista polideportiva, cun piso moi duro e esvaradizo pola falta de coidados e goteiras.

Destacar tamén a posibilidade de ter espacios alternativos para diferenciar zonas de xogo de grandes e pequenos. Tamén supón un aspecto educativo interesante dispor dunha zona de monte, aproveitable para realizar plantacións e actividades medioambientais.

Powered by Drupal - Design by artinet