Escolares

Campaña de recollida de roupa e calzado

Comezamos o curso colaborando coa fundación Santa Lola. Recibimos no centro unha solicitude de axuda para: República Dominicana, Guatemala, Cuba e especialmente Haití e dende o centro tentaremos entre todos de aportar o noso graniño de area.


O que se anime a participar pode traer nos sacos facilitados no centro roupa de todo tipo:de vestir, manteles, etc... e calzado usados en bó estado. 


Para consultar máis información poden visitar a seguinte páxina: www.fundacionsantalola.org


No arquivo adxunto poden ver a carta adicada aos pais/nais dos alumnos/as,

Regalo para o pai

Os alumnos/as do 3º ciclo fixeron unhos xogos de tres en raia e tamén das damas sobre un tableiro de madeira decorado por eles mesmos e con pezas de pasta de modelar. Estas últimas foron uns ratiños de cores moi divertidos. Podedes ver aquí a actividade.


Regalo para o pai


 

Agasallo para o día do pai

Este ano na clase de Educación Artística elaboramos un pequeno agasallo para o día do pai: fixemos un chaveiro con fimo de pantalón e camiseta de fútbol. Despois para facer unha bonita presentación metémolos dentro dunha caixa, tamén feita por nós en cartulina, con forma de porción de tarta e para rematar decorámola cunha guinda. Aquí tedes unha foto por si vos animades.


 


Agasallo para o día do pai

Talleres de plástica

Este ano con motivo do día do pai, os nenos/as de 1º ciclo participaron nun taller de reciclado de plásticos: a partir dunha botella e dun vaso de plástico reciclados, elaboramos na clase de educación artística unha copa trofeo. Podedes ver as imaxes.


Taller reciclado de plástico


 Taller reciclado de plástico


  


 

Powered by Drupal - Design by artinet