Festa de fin de curso

21/06/2013 00:15
21/06/2013 13:30
Etc/GMT+1

O vindeiro venres día 21 de xuño terá lugar no colexio a festa de fin de curso coas seguintes actividades:

1.- 9:15 a 11:00: Xincana de xogos a cargo do mestre de E Física en colaboración con Silvia de Concello.

2.- 11:00 a 12:30: poderán acceder ao colexio as familias para participar dos seguintes xogos:

hinchable(a cargo do ANPA).

maquillaxe, globoflexia e papiroflexia a cargo dos mestres.

3.- 12:30 a 13:15: comida e bebida a cargo do comedor e da ANPA.

4.- 13:15 a 13:15: entrega de notas e despedida. As familias deberán abandoar o recinto ás 13:15 horas e esperar fóra polos fillos/as.

MODESTINA QUERE SABER... 2ª EDICIÓN

O pasado luns finalizaba unha nova edición do exitoso concurso Modestina quere saber... Unha loita investigadora onde os participantes descubren moitas cousas a través da indagación en diferentes medios...

 

Este ano houbo 6 equipos participantes, noraboa a todos eles porque traballaron moito ó longo de todo o curso e un especial nomeamento ó equipo STARTS, flamante campión desta edición (Tania, Nerea a Francisco).

 

Dende aquí queremos animarvos a participar na seguinte edición no curso próximo!

 

 


Podes ver todas as fotos no seguinte enlace:  http://bibliomoeche.hol.es/

Excursión fin de curso

19/06/2013 09:15
19/06/2013 18:00
Etc/GMT+1

O día 19 de xuño todo o colexio irá de excursión a Coruña co seguinte plan:


SAÍDA: 9:30 horas


AQUARIUM: 11:00 - 13:00 horas 


COMIDA; 14:00 horas.


MUSEO MUNCYT( NENOS/AS PRIMARIA) : 15:00 - 16:15 horas


MUSEO FENOSA(NENOS INFANTIL) : 15:15 - 16:15 horas.


REGRESO: aproximadamente entre as 17:30 e as 18:00 horas.


 


 

O día do medioambiente

05/06/2013 12:30
05/06/2013 13:30
Etc/GMT+1

O pasado día 5 de xuño celebramos o "Día do Medioambiente" en colaboración co Concello de Moeche.


Durante as horas da máña, cada titor/a traballou de diveras formas este tema a través de fichas, lecturas, videos.... Posteriormente, despois do recreo, véu ao centro a representante do Concello con unha morea de plantas e folletos explicativos sobre o día do medioambiente.


A celebración tivo lugar no exterior do colexio porque o día era fabuloso. Así que, unha vez explicados algúns puntos e feitas algunhas lecturas colectivas; Pilar(concello) entregou aos nenos/as unha planta coa que logo fixemos fotiños. Podedes ver máis na galería.


Día do Medioambiente

Excursión fin de curso 3º ciclo

06/06/2013 00:15
06/06/2013 21:00
Etc/GMT+1

Os alumnos/as do 3º ciclo farán unha excursión a Corrubedo xunto cos do CPI de San Sadurniño.

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2013

Este ano no cole celebramos o día das Letras Galegas, como xa ven sendo tradición, cunha xornada de xogos e danzas populares. Previamente todos os nenos e nenas do centro traballaron nas súas aulas a figura de Roberto Vidal Bolaño e fixeron uns traballos maravillosos que podedes ver na exposición dos corredores do colexio. 

Nas clases de EF tamén xogaron a esos xogos que perviven na nosa sociedade por seren transmitidos de xeración en xeración, como son os xogos populares.

Finalmente para xuntar todo o traballo e pasar unha xornada divertida invitamos a todas as familias a pasar un anaco todos xuntos no pavillón practicando diferentes xogos populares, construíndo un mural sobre Roberto Vidal Bolaño e rematando a festa cun gran baile amenizado polo grupo "No cómbaro" ao cal lle queremos agradecer a sú presenza, xa que fixeron a nosa xornada ideal!

Esperemos que se poida repetir en futuros cursos xa que os nenos e nenas pasárono en grande!

 

Saída á feira

O día 23 de maio aproveitando que era día de feira en Moeche e que o tempo acompañaba, fixemos unha saída pola zona da feira. Cada neno/a maior era o responsable dun dos pequenos e así demos unha volta polas diferentes partes da feira: roupa, animais, comida,; vimos a veciños, parentes, amigos..... e gustounos moito.


Saída á feira---------saída á feira


Ao remate do paseo, os mestres/as leváronos á zona do Concello onde comimos churros e rosquillas que os mestres/as nos mercaron na feira.


saída á feira


Para rematar xogamos un rato no parque do Concello e finalmente voltamos ao colexio.


Foi unha saída sinxela pola comarca pero moi bonita.

XOGOS POPULARES

 

Aquí estamos preparandonos para, un ano máis, disfrutar dunha xornada de xogos populares no colexio! Animádevos a vir e xogar con nós!

Día non lectivo

20/05/2013 09:15
20/05/2013 14:15
Etc/GMT+1

Este día non haberá clase.

Powered by Drupal - Design by artinet