1

Cine "Enerxía 3D" nos cines Odeón

25/02/2013 10:00
25/02/2013 11:45
Etc/GMT+1

cine para o 3º Ciclo

 

impreso

Si quieres ver el menú, haz clic en este enlace.

O DÍA DA PAZ: "UNHA POMBA DE ILUSIÓN"

O día 30 de xaneiro celebramos no colexio, como estaba previsto, "O Dia da Paz". Despois do recreo, pasamos á biblioteca onde os nenos de primaria leron a todos os demais contos, poesías, relatos,... todo relacionado coa paz.

pomba da ilusión

A continuación pasamos ao corredor onde tiñamos debuxada un preciosa pomba á que lle chamamos "Unha pomba de ilusión" porque no seu interior colocamos un montón de material escolar cedido por todos nós e algún que outro membro da Comunidade Educativa para destinalo a Nicaragua, a unha campaña que leva por nome "Un contenedor de ilusión". Cada neno/a foi despositando na pomba algún material ata tela toda cuberta por completo.

Se queredes seguir a pista á campaña na que participamos, podedes consultar na seguinte páxina web http://uncontenedordeilusion.blogspot.com.es/

pomba da ilusión

Posteriormente, no patio cuberto do colexio cantamos unha canción da paz titulada "Que vivan a paz e o amor" e bailamos o "Baile das sete cruces".

canción e baile da paz

Festival de Nadal

O día 21 de decembro celebramos no colexio o festival de nadal. Todos os alumnos/as participaron en actividades diversas: obras de teatro, cancións, flauta, bailes.... TIvemos moitos espectadores que se portaron de maravilla e nos aplaudiron moito.

VÉU PAPA NOEL

O día 21 de decembro tivemos no centro a visita de Papa Noel que no corredor do pasillo atendeu unha por unha as peticións dos nenos/as, recolleu as cartas preparadas e tamén reparteu larpeiradas entre todos e todas.


Papa NoelPapa Noel


 

Excursión A Capela

O vindeiro día 29 de marzo iremos de excursión A Capela

FEIRA DO 23 DE ABRIL

 

   Mañá os alumnos de quinto terán que facer o cartel do 23 de abril.

 

 

 

Liga de Baloncesto

O próximo mércores día 5 de marzo disputaranse 2 partidos de baloncesto correspondentes á liga interna de baloncesto do CEIP de Moeche.

O primeiro comezará ás 12:05 h. e o segundo será ás 12:20 h.

Esta é unha proba de Cruz e Cristina.

Somos dúas profes do cole, Cruz e Cristina. Saúdos a todos.    

Powered by Drupal - Design by artinet