Skip to Content

5 anos

ANNA FAI DE GUÍA TURÍSTICA

O venres Anna explicounos a profesión da súa mamá, xa que a esta foille imposible vir contárnolo ao cole. Mostrounos un mural que fixo coa axuda da súa mamá Esther e tivemos que adiviñar en que traballaba. Tamén nos ensinou moedas de todo o mundo.

Fíxoo de marabilla!!!

 

 

VISITA A PRIMARIA

Despois do recreo, os gatiñ@s tiñan unha sorpresa: a visita a primaria. Fomos ver as aulas do vindeiro curso. Os alumnos/as da profe Dayrén recibíronnos con uns carteis onde nos daban a benvida e, ata nos deixaron sentar nos seus pupitres!! Explicáronnos o que facían en primaria  e que íamos  pasalo moi ben.

Para rematar o día, fixemos un segundo recreo, onde cada un xogou ao que máis lle gustaba.

 

ANIVERSARIOS DO VERÁN

Hoxe celebramos os aniversarios do verán!!! Houbo de todo, ata gominolas!!! Comemos, cantamos e bailamos. Aquí vos mostro as fotos para que vexades o ben que o pasamos.

 

XOGAMOS AOS DETECTIVES

Hoxe visitáronnos os padriños de Dana. Explicáronnos o importante que é a súa profesión para a sociedade. Con eles xogamos a  detectives e tamén a descubrir as pegadas dactilares e a plasmar a nosa.

Foi moi divertido!!!

 

COÑECEMOS OUTRO OFICIO

Hoxe recibimos a Paula, mamá de Lola, que veu falar da súa profesión. Contounos moitas cousas interesantes e fixémoslles moitas preguntas.

SOMOS REPOSTEIROS

Hoxe veu Pilar, a mamá de Vera, a falarnos da súa profesión. Mostrounos moitos utensilios de repostería e fixemos pasteis con plastilina.

Quedaron moi chulos!!!

VISITA MOI MUSICAL

O xoves visitáronnos os pais de Fran, Teresa e  Francisco, para falarnos das súas profesións. O papá de Fran deixounos tocar a guitarra e algúns dábanlle con xeito!!

 

 

O venres viñeron Stefhani e Gian Carlos, pais de Mikela, para falarnos tamén das súas profesións, tivemos unha visita moi doce!!

 

FELICIDADES JOSÉ!!!

Hoxe celebramos os aniversario de José. Foi o último cumple do curso, agora só quedan os do verán. A súa familia trouxo dous biscoitos e non quedou nada!!

 

RECANTO DO BARRO

Creamos o recanto do barro, nel os gatiñ@s fan corazóns, estrelas, etc. e adornanas con plantas, flores... quedan  moi bonitos!!

 

COÑECEMOS O TRABALLO DE MATRONA

Hoxe visitounos Catia, a mamá de Lis, para explicarnos, a través duns  contos moi bonitos que trouxo, como se forma e nace un bebé. Foi unha sesión moi interesante, na que poidemos escoitar o latexo do seu bebé. Incrible!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut