3 anos

Recomendacións para as aulas de 3 aniños

Estimadas familias!

Ante a situación excepcional que estamos a vivir, as titoras de 4º nivel de Infantil queriámosvos transmitir algunhas recomendacións.

Esta crise é unha oportunidade para ensinarlles aos nenos e nenas a ter comportamentos cívicos, a pensar nos demais e a construír unha sociedade máis xusta e solidaria. Polo que, ensinemos a seguir as recomendacións de saúde e a mostrar interese por como están os demais. É un tempo para traballar áreas do currículo de infantil tan importantes como:

  • A autonomía: é importante desenvolvela con actividades como vestirse sos, recoller os xoguetes, comer de forma autónoma…
  • A expresión de emocións e o aprender a volver á calma ante situacións de estrés.
  • Aprender a esperar e a repartir o tempo entre todos os membros da familia. Todos temos necesidades e todas deben de ser cubertas!!
  • Valorar o traballo de todos e todas as profesionais que están traballando a diario para que esteamos mellor.

Como recomendación é moi importante ter unha RUTINA, xa que lle permite ó alumnado saber o que vai ocorrer en cada momento e isto daralles tranquilidade e seguridade. Aquí vos deixamos algunha idea:

  • Erguerse e preparar o almorzo xuntos, hábitos de coidado e a propia hixiene, recoller a habitación ou organizar os xoguetes.
  • Facer debuxos ou manualidades con materiais reciclados, macarróns, teas….
  • Axudar a preparar a comida e poñer a mesa.
  • Sesta e ver debuxos ou algunha película.
  • Cantar, bailar ou facer yoga.   https://www.youtube.com/watch?v=t8748OWc1nQ
  • Preparar algunha receita.
  • Ler contos.
  • Xogos de mesa en familia.
  • Facer experimentos.
  • Disfrazarse.
  • Ginkanas na casa ou búsqueda de tesouros dando pistas.
  • Xogar aos bolos con botellas de plástico e unha pelota.
  • Xogar ás diferencias ou ao tradicional Veo Veo.
  • Mandar audios de whatsapp aos compañeiros ou contactar con familiares xa sexa por teléfono ou videochamada.

Por sorte (ou por desgracia) internet está cheo de recursos e ideas e sobre todo para estes días. Aquí vos deixamos algunhas web interesantes:

Para calquera dúbida ou consulta, aquí vos deixamos o noso correo:

  • Carol: carol.lopez@edu.xunta.es
  • Paula: paulacouto@edu.xunta.es

 

Mandámosvos unha aperta e moita enerxía. Lembrade que nos veremos pronto e que as profes Carol, Paula e Tati pensan moito moito nos seus nenos e nenas. Pronto todo volverá á normalidade!

TODO VAI SAIR BEN!

 

As mestras da Aula dos Caracois e da Aula das Cabaciñas

Sorriso                                          

 

 

Plantamos bulbos de Narciso

Na clase dos Caracois, o outro día estivemos a plantar bulbos de Narciso. Unha compañeira da clase, Cloe, trouxo un montón de bulbos, así que nos puxemos mans á obra: preparamos a terra, colocamos con coidado o bulbo no vaso, cubrimos cun pouco de terra e finalmente regamos cun chisco de auga.

Agora estamos a esperar a ver como medran na casa, xa nos iredes contando!!

Moitas moitas gracias á mamá e papá de Cloe! Sorriso

 

Día de Rosalía - clase dos Caracois

O 24 de febreiro conmemorouse o Día de Rosalía de Castro, por isto na clase dos Caracois aproveitamos para aprender un pouco sobre esta muller tan importante para Galicia. Ademais, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega programou unha actividade chulísima: os nenos e nenas de 5º de Primaria apadriñaron, cada un, a un neno/a da clase dos caracois. Así, os pequenos prepararon unha flor, e os maiores prepararon un marcapáxinas cun poema. O venres celebramos este día xuntándonos todos e intercambiando os nosos agasallos.

Foi precioso! E aos caracois encántalles que veñan os de Primaria a pasar tempo con eles! Aquí vos deixamos unhas fotos:

Entroido na clase dos Caracois!

Que ben o pasamos neste Entroido!!!

Aquí vos deixamos unhas fotos (aviso: moi simpáticas) da festa do venres pasado! Risa

ENTROIDO CHOQUEIRO

Ao longo desta semana celebramos o Entroido seguindo as pistas dos mandadiños: algo na cabeza, unha camiseta vermella, antifaz reciclado e incluso un pixama.....o último día tocounos disfrazar de choqueiros empregando cousas que tiñamos pola casa, evitando contaminar máis..... Fixemos unha actuación contando coa visita das familias e merendamos todo tipo de productos do entroido. Púxemonos as botas!

Grazas as familias pola vosa colaboración e paciencia! Unha vez máis vos deixamos aquí un pequeno resumo do ben que o pasamos....e agora a descansar e troulear no entroido!

 

 

Descubrimos o Polo Norte...

Como ben sabedes, na clase dos Caracois e das Cabaciñas estamos a investigar moito sobre o POLO NORTE. Fai unhas semanas recibimos unha carta dun Oso Polar que precisaba a nosa axuda porque o seu fogar está comezando a derreterse; entrou na nosa clase e deixou un montón de pegadas!!

Por iso, puxémonos á marcha para aprender moitas cousas sobre o Polo: coñecemos animais como o oso polar, a morsa, o búho nival, a foca, o narval, a beluga... e estamos a descubrir tamén todas as súas letras. Descubrimos as familias de esquimais, os tipos de vivenda que empregan. Tamén sabemos que no polo norte sucede o fenómeno da aurora boreal, aínda que moitos nenos e nenas da clase aseguran tela visto na propia Coruña.... Sorprendido

Iniciámonos nun minimundo de inverno na nosa mesa de experimentación, descubrimos a neve a través dun experimento, lemos un montón de contos sobre o Polo Norte, escoitamos a canción de "Bebé Beluga" e a de "Nanook el esquimal"... e aínda nos quedan algunhas cousas máis que descubrir. Seguiremos informando!!

 

 

Cumples de xaneiro na Clase dos Caracois

No mes de xaneiro estiveron de cumple 4 caracois: Hugo, Valeria, Javi e Sofi! Que maiores son estes nen@s. Xa cumpren 4 aniños!!!

Desexámosvos moita felicidade, moitos bicos e moitas apertas! e graciñas por compartir con nós uns biscoitos riquísimos! gracias papis pola colaboración Sorriso

 

A nosa primeira excursión!

O pasado 7 de febreiro, os nenos e nenas da clase dos Caracois fomos ver ao Palacio da Ópera a Lydia Botana e o seu grupo representar unha pequena obra musical chamada "De aquí para alá". E para isto, tivemos que coller un bus! Algo que nos encantou a todos e todas Sorriso

A obra fíxosenos un pouco longa de máis... pero desfrutámola un montón e sobre todo aprendemos cousas como: que hai que estar en silencio e coas orellas ben atentas, que non podemos alonxarnos do grupo, que hai que subir moi despacio ao bus para non mancarnos...

E agora, esperamos con ansias a próxima!!

Animais do Polo Norte

Na aula das cabaciñas seguimos investigando sobre o Polo Norte. Estes dias descubrimos animais coma o Narval, fixemos un oso polar xigante, coñcemos as diferencias entre as morsas e as focas, e continuamos...

Pero tamén temos espacio para o arte, e seguindo a técnica do pintor Jackson Pollock, pintamos a noite ártica empregando cores que nos lembran ao inverno e canicas e depois..... a movelas!!!

Coma sempre aquí vos deixamos algunha fotiño....

Cumple de Iris

Este mes de febreiro Iris cumpliu 4 anos e o celebramos xuntiños!

Powered by Drupal - Design by artinet