Skip to Content

3 anos

Hoxe tivemos unha sorpresa no patio!

Por ser a semana do libro estivemos a ler contos no patio do recreo coa bibliopatio!!!!!! 

 

 

Plantamos leitugas!!!

A semana pasada estivemos plantando leitugas co mestre Xulio!!! 

 

  

  

 

CAMPO DE FLORES

Como estamos na primavera @s gatiñ@s, inspirándonos nos talleres de arte de Hervé Tullet, pintamos "Campos de flores". Utilizando puntos e círculos, os nenos/as desenvolveron a imaxinación facendo flores moi creativas, como podedes ver nas seguintes fotos.

 

Comezamos o proxecto sobre o mar!

Esta semana comezamos o proxecto sobre o mar! A través dunha choiva de ideas fomos anotando o que sabemos sobre o mar e os peixes! Sairon un montón de cousas!!!!

- No mar hai peixes, tiburóns, baleas, estrelas e cabaliños de mar...

- A auga do mar é de cor azul e tamén branca.

- Hai vixiantes nas praias, conchas e area.

...

Hoxe lemos o conto "La mar de diferentes" e comentámolo entre todos/as, chegando á conclusión de que hai peixes de diferentes formas, tamaños e cores. Diferentes pero iguais, todos son peixes! E cada neno/a debuxou o seu peixe!!

Visualizamos e cantamos a canción "O peixe salmonete" e estivemos observando e manipulando libremente no recanto do mar todo o material aportado polas familias! 

 

 

 


 

Moitas grazas familias!!!!!!

 

Transplantamos as cabaciñas!!!

As plantas de cabaciña, que nos naceron nos sementeiros, xa medraron moito. Hoxe tocou transplantalas na horta!!

Agora temos  regalas moito ata que nazan as cabaciñas!!!

 

Bolboretas de primavera!

Esta semana estivemos a traballar con bolboretas!!! Empregamos estropallos da louza para estampar as bolboretiñas! E non vexades o bonitas que quedaron!!!!!!

 

 

Parabéns!!!!!

Onte celebramos o aniversario de C que cumpriu anos nas vacacións de Semana Santa!! 

Moitos parabéns compañeira!!!!!!

Obradoiro de arte!

Ola de novo familias! Antes das vacacións de Semana Santa fixemos un obradoiro de arte para dar a benvida á primavera. Pintamos con pinceis e cores alegres "Un campo de flores" de Hervé Tullet. O resultado foi incrible. 

 

 

 

 

GRAN SORPRESA!!!

A sorpresa de hoxe foi levalos ao parque infantil do cole cando non había ninguén. Quedaron tan contentos que non paraban de dicir: "Gracias Mila!"

Parecía que nunca foran a un parque!!

 

 

Pasárono de marabilla!!!

ESTREAMOS MANTELIÑOS!!!

Fixemos uns manteliños para a hora da merenda.  Levan o noso nome e decorámolos con imaxes de merendas saudables.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut