Skip to Content

3 anos

NARVAL

Lis trouxo un narval, feito de cunchas e area, moi chulo. Tamén, un peixe "arco iris" e un instrumento musical feito con chapas. 

Grazas familia!!! Foi un traballo fantástico!!

   

  

Logo, vimos un vídeo sobre os narvais e aprendemos moitas cousas: onde viven, que comen, os seus inimigos,... Agúns gatiños/as animáronse a debuxalos.

PEIXE "ARCOIRIS"

En plástica fixemos un peixe <Arcoíris>. As escamas  pintámolas estampando con cortizos e nas aletas pegamos papel de aluminio. Mirade canto traballamos!!

 

FELIZ ANIVERSARIO MANU!!!

Hoxe celebramos o aniversario de Manu!

 

 FELICIDADES!!!

MARCAPÁXINAS

Esta semana fixemos un marcapáxinas para o Día do Libro con forma de peixe. Foi unha actividade foi completa: picamos, pintamos, recortamos e pegamos.

 

Celebramos o día do libro!!!

Hoxe 23 de abril celebramos o día do libro traendo á escola cada neno/a o seu conto favorito, ademais cada un/unha aprenderon unha palabra que definía o conto con axuda das súas familias, para finalmente gravar un pequeno vídeo onde cada neno/a amosaba o seu libro e verbalizaba a súa palabra!!!!

  

 

   

   

   

Graciñas familias!!!

PESCAMOS!!

Merquei un xogo para pescar peixiños e encántalles. Ademais de ser divertido, mellora a súa coordinación óculo-manual, xa que teñen que intentar coller o peixiño co imán. Ao final do xogo, para saber quen colleu máis, contan os peixes que pescou cada un, así reforzan, tamén, as matemáticas.

 

PROXECTO O MAR

A clase dos/das gatiñ@s tamén comezou o proxecto do mar! Como elemento motivador utilizamos o conto “El pez arco iris”.

      
     

 Logo, preguntámonos que sabíamos do mar e os peixes e, tamén, o que nos gustaría coñecer. Uns querían saber  como son as estrelas de mar, outros sobre medusas, baleas, quenllas, etc.

A curiosidade sobre este tema é enorme! Temos moito que investigar…

   

 

Esta semana estivemos vendo e xogando co material que trouxeron da casa. Tamén fixemos na mesa de actividades una pequeña praia, con area e cunchas que trouxeron da casa.

 

 

Moitos parabéns!!!

Esta semana celebramos o aniversario de G e A!!!

 

Moitos Parabéns!!!!!!

Seguimos con máis actividades sobre o mar e os peixes!

Trouxemos un pouquiño de praia á aula para xogar coas cunchas e a area na mesa de experimentación!

 

 

Tamén xogamos a facer sombras coas marionetas de peixiños que nos aportou a familia de B!!!

 

E lemos o conto "El Pez Arcoiris" para despois pintarlle as escamas ao noso peixiño!!!

  

 

Seguiremos informando!!!!!

PARABÉNS DANA!!!

Hoxe celebramos o aniversario de Dana.

Xa ten 4 anos!!

 

 

FELICIDADES!!

Distribuir contido


by Dr. Radut