Skip to Content

5 anos

25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O venres celebramos o 25 N no cole. Fixemos unha andaina e, logo, plasmamos as nosas mans pintadas de morado nuns lazos.

 

VISITA Á CASA DAS CIENCIAS

O venres visitamos a Casa das Ciencias. No planetario proxectáronnos  "El cielo de Cloe", que lles gustou moito. Logo, recorremos as distintas plantas. O bo deste museo é que os nen@s poden tocar  e experimentar.

 

 

XOGO DOS PLANETAS

Na mesa de actividades creei o espazo (fabas negras). Nel están os planetas, a Lúa e o Sol, tamén están os seus nomes. Os gatiñ@s teñen que atopar os planetas e asociarlle a cada un o seu nome.

 

FOGUETE ESPACIAL

Hoxe os gatiñ@s levaron para casa o foguete que fixemos con tubos de cartón.

 

VALENTINA TERESHKOVA

Valentina  trouxo un traballo sobre a primeira muller que viaxou ao espazo (ValentinaTereshkova) que, casualmente, chamábase coma ela. E, tamén, de Laika, a primeira cadeliña astronauta.

 

MIRÓ

En arte os gatiñ@s están traballano coa profe Diana a Joan Miró. Esta comezou contándolles un conto sobre o artista e, logo, fixeron a súa versión do cadro titulado "Vuelo de la libélula frente al sol".

Mirade que ben lles quedou!!!

 

FELICIDADES ROI!!

Hoxe Roi cumpriu 5 anos!! Celebrámolo cun biscoito de chocolate que estaba delicioso e do que repetiron, pero algúns aínda deixaron  sitio para a súa merenda. Non perdoan nada!!! Tamén houbo baile ata a hora do recreo.

 

DECORAMOS A PORTA DA AULA

Os gatiñ@s transformámonos en astronautas e viaxamos polo espazo nun foguete!!!

 

PARABÉNS ANNA!!!

O venres celebramos o aniversario de Anna. Trouxo un biscoito con trociños de chocolate moi rico, non foron capaces de comelo todo e compartimos un pouquiño coas toupiñas. Anna non quixo unha candea de número e atreveuse con cinco. Menudos pulmóns!!!

 

PLANTAMOS PORROS

Fomos co profe Xulio a plantar porros na horta.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut