Skip to Content

5 anos

PLANTAMOS LEITUGAS

Onte fomos plantar leitugas á horta . Primeiro o profe Xulio falounos das sementes e, logo, fomos plantar.

 

Mirade como medran os allos porro!!! Cando estean máis gordiños xa os poderemos levar para casa.

 

DANZA

Rematamos o teatro con Ramiro e, a partir de agora, imos ter danza con Ruth ata fin de curso. Onte foi o primeiro día.

Mirade que ben  o pasaron!!

 

RADIO NA BIBLIO

Algúns nenos de 6º de infantil foron á biblioteca do cole a gravar na radio información sobre a Torre de Hércules. Poderédelo escoitar en Radio Mundo SPV (apartado da radio da web do cole), na sección roteiros pola Coruña a partires da semana que vén.

 

TORRE DE HÉRCULES

Lola trouxo ao cole unha Torre de Hércules, que fixo coa axuda da súa nai. 

 

Está moi ben feita e non lle falta detalle. Ademais engadiulle purpurina, porque, segundo di Lola, faina máis bonita.

SEGUIMOS CON MIRÓ

En arte seguimos traballando a Miró. Esta vez os gatiñ@s pintan o cadro "El oro del azul".

Mirade que ben quedaron!!

Tamén fixemos un mural con todos os elementos característicos de Miró: estrelas, lúas, sol, puntos, ollos...

 

 

 

FELIZ ANIVERSARIO PEDRO!!!

Hoxe celebramos o aniversario de Pedro. É o maior dos nenos. Trouxo dous biscoitos e comeuse todo, algún aínda quixo a súa merenda...

 

ENTROIDO 23

NOVO COMPAÑEIRO

Temos un novo compañeiro na clase dos gatiñ@s. Chámase Assane e vén do Senegal. Non sabe falar o noso idioma pero aprende moi rapidamente.

 

 

Benvido ao noso cole Assane!!!

TEMOS MATERIAL DIDÁCTICO NOVO!!!

Os gatiños gozaron co novo material!

Temos troncos de madeira natural cos que fan estruturas sorprendentes.

Tamén, pezas magnéticas que lle permiten facer construcións tridimensionais, encántanlles!!

 

E unha mesa de luz para traballar os números, as letras, con transparencias, formas, cores…

 

Aínda que hai outros xogos de contrución da aula que lle seguen encantando.

 

DÍA DA PAZ

O luns, 30 de xaneiro, celebramos a Paz. Bailamos a canción da Paz e fixemos unha carreira pola Paz. Compartimos o baile e a carreira co alumnado de 3ºB de primaria. Anteriormente os gatiñ@s realizaron o seu autorretrato con acuarelas.

 

Tamén coloreamos unha mandala da Paz.

  

 

Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos da Celebración.

Álbum: CURSO 2022/2023 -> PAZ
Distribuir contido


by Dr. Radut