Este ano a clase de 6ºA de infantil comezaron o curso nunha nova aula, entrando por unha nova porta ao cole e tamén cunha nova mestra.
Os primeiros días os dedicamos a reencontrarnos cos antigos compis nos xogos, descubrir os materiais e recantos da nova aula e a coñecer a un novo compi do grupo e á nova profe tamén.
Ao principo xogamos libremente por onde nos apeteceu, aínda que nos atopamos con certos límites, como subír a mesas e cadeiras ou correr pola aula.
Tamén tivemos a tarefa de nomear o noso percheiro e facernos un autoretrato mirándonos ben no espello para non esquecernos de nada.
En poucos días as rutinas da aula foron cambiando: imos tendo unha asemblea cada vez máis longa, aínda que nos custa un chisco escoitar, porque non é tan fácil, a verdade, cando unha está desexando poñerse a xogar...
Tamén nomeamos e decoramos con pegatinas os nosos caixóns. A maioría xa teñen moitas creacións libres feitas con rotuladores, ceras, recortes, celo, selos variados...
Outra cousa que fixemos varias veces estes primeiros días foi ir saudar as nosas galiñas.
Como os luns o cole nos trae esa grande cesta de froita a media semana temos que levar todas as mondas ao composteiro co que logo abonaremos as nosa horta.
Tamén contamos aos amigos e amigas algunhas das cousas maravillosas que fixemos coa familia no verán.
E seguimos explorando os xogos que nos ofrece esta nova aula, moitas veces ao noso aire e outras veces facendo algún traballiño máis específico guiados polas mestras.
Por suposto coñecimos aos profes novos como o profe Rubén de Educación Física e a profe Loli que nos enseña os ritmos musicais. Pero tamén saúdamos con gusto ás xa coñecidas do ano pasado como a teacher Conchi ou as mestras de reli e valores Almudena e Lidia.
Por último descubrimos o noso patio cheo de divertidas novidades de xogos e unha sorpresa que nos está interesando, unha vez máis, un montón...
Botarémonos a investigar estes adorados bichiños do patio? ou ao mellor botamos a voar a nosa imaxinación nunha nave espaciál como a da galiña Clementina? Xa se saberá...