Admisión de alumnos para o curso 2012 2013

Información e documentación do proceso de admisión do alumnado para o curso 2012 2013. Para acceder pique aquí.

 

Entroido: Sada nos anos 20

O 17 de febreiro celebramos a Festa do Entroido lembrando como era Sada nos anos 20 do pasado século. Por aqueles anos foi cando se fixo o noso colexio, se inaugurou o tranvía, veu a Terraza para Sada, publicábase a revista Mariñana, Manuel Lugris escribía historias e poesías de Sada, emigraban sadenses a Nova York, viñan bañistas a tomar os baños, maestras e inspectores daquela época, bailes e atuendos deses anos, anuncios, historias de merlos e de caciques, rap "S de Sada",... Para rematar filloas, orellas e rosquiñas.

Menuda festa!

Paraugas pola Paz

Celebramos o 30 de xaneiro, Día da Paz, cos "paraugas pola Paz". Para que choiva a Paz en todo o mundo.

Visita de dous xogadores do Depor: Borja e Songo´o

Capitáns Solidarios é un proxecto educativo creado por AFE e UNICEF, destinado a concienciar aos máis novos, sobre a importancia da nutrición, os hábitos saudables, os valores do deporte, a convivencia e a solidariedade e que leva a cabo en distintos centros educativos.
O 24 de xaneiro dous xogadores do Deportivo da Coruña, Borja e Songo´o, visitaron o noso centro. Os alumnos de 5º e 6º cursos de primaria expuxeron aos xogadores as actividades realizadas.
A nova da visita foi amplamente seguida polos medios de comunicación. Se queredes ver as novas aparecidas na prensa e na televisión visita os blogues de 6º de primaria sexteando e o da biblioteca do ceip "Sada y sus Contornos".

Sada y sus Contornos na homenaxe a Isaac Díaz Pardo

A comunidade educativa do CEIP Sada y sus Contornos sumouse á homenaxe que o Concello de Sada tributou a Isaac Díaz Pardo o 20 de xaneiro de 2012.
Dous alumnos de 6º curso, Andrea e Miguel, leron o Manifesto do Laboratorio de Formas de Galicia. A Anpa As Mariñas tamén se sumou a esta merecida homenaxe.
Para ver ou descargar o texto do Manifesto lido na homenxe pica aquí.
Para ver ou descargar a nota de prensa da ANPA As Mariñas pica aquí.

 

Escola de nais e pais. Plan Director de Convivencia

Charla sobre acoso escolar e bandas xuvenís.
Martes 24 de xaneiro de 2012. Dirixida ás familias do centro e terá lugar ás 19 horas no colexio.
INSCRICIÓN.  Para participar na charla do día 24 será preciso inscribirse para o que se deberá cubrir o boletín adxunto e depositalo no buzón da ANPA. O prazo de inscrición remata o venres 20 de xaneiro.
*De non haber un mínimo de 15 participantes suspenderíase a actividade.
Para visualizar e descargar o cartel da actividade e a ficha de inscrición na mesma pique aquí.

Tempo de Nadal...

Educando en valores

O 25 de novembro contra a violencio de xénero.
Vacínate contra a violencia!
Educando en valores...

Día do peón 2011

Distribuir contido