PROXECTO CRE-ARTE: VISITA AO MUSEO SADA Y SUS CONTORNOS

As portas do Museo Sada y sus Contornos abréronse no día de hoxe a toda a nosa Comunidade Educativa para que coñeceran o traballo realizado durante este curso escolar no Proxecto Cre-Arte. As aulas da nosa escola convertéronse en salas dun Museo no que contemplar cerámicas de Sargadelos, pinturas de Lugrís, Van Gogh, Munch, Leandro Lamas, Yayoi Kusama, Miró, máscaras africanas, edificios en 3D, arquitectura de distintas etapas históricas... En definitiva, unha xornada para gozar coa arte e coas creacións realizadas polos artistas que son os nenos e nenas do noso colexio.

O museo contaba tamén cunha tenda na que adquirir algunhas das creacións realizadas polo alumnado.

No acceso ao Museo podíase adquirir, de modo voluntario, un boleto para participar non sorteo de 5 figuras do colexio creadas en 3D. Por cada euro achegado entregábase un boleto. 

Todo o diñeiro recadado será doado á Fundación de Investigación CRIS CONTRA O CANCRO, unha organización independente, sen ánimo de lucro e dedicada por completo ao fomento e desenvolvemento da investigación para eliminar o grave problema de saúda que representa o cancro https://criscancer.org/es/   información para as familias

O diñeiro recadado entre as aportacións voluntarias das familias e a venta dos produtos na tenda do Museo ascendeu a un total de: 1.340 euros.

Os números premiados no sorteo realizado son:    90   158   222   242   397

Clica na imaxe para ver as fotos deste día

Aquí teñen toda a información sobre a organización e características da xornada.

   

 Ingreso realizado