Contacontos do alumnado do IES Isaac Díaz Pardo

O pasado venres, día 5 de maio, o alumnado de Oratoria de 3º da ESO do IES Isaac Díaz Pardo acudiu ao noso centro para realizar unha actividade de contacontos cos nenos e nenas de 6º de EI, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.  Fixérono moi ben e pasámolo xenial, estamos desexando repetir a experiencia.