ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022 2023: LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS.

Están dispoñibles no taboleiro interior do centro as listaxes definitivas de admitidos/as e non admitidos/as  para o curso 2022 2023. 

As listaxes definitivas de solicitudes admitidas e non admitidas poden consultarse:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar por ningún outro medio físico de publicación.

b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre. 

Non houbo variacións en relación ás listaxes provisionais.

Prazo de reclamacións: Poderase presentar recurso de alzada ante o Xefe Territorial no prazo dun mes. 

Formalización de matrícula do 20 ao 30 de xuño.