25 de novembro: Tingamos o negro de Violeta.
Enviado por admin o Lun, 25/11/2019 - 15:31
Na conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, baixo o lema "tingamos o negro de violeta", realizamos diferentes actividades para ratificar o noso compromiso coa súa eliminación da nosa sociedade. Cantamos e signamos a canción " Matriarcas" de Guadi Galego e elaboramos unha apócema contra a violencia a partir das achegas de todos os cursos. Hoxe máis que nunca: Contra as violencias, educación.