Sada lee: Entrega de premios

Eva, de 6º curso de Educación Primaria, foi a gañadora do concurso “Sada lee” que o noso centro gaña por segundo ano consecutivo. 

O concurso foi convocado pola Concellería de Educación do Concello de Sada e Eva presentou o traballo “Cuaderno de bitácora” que podedes ver no vídeo. O premio consistiu nun lote de libros para a gañadora e una tableta para o Colexio. Ademais, pola participación do centro, a Concelleira Raquel Bolaño fixo entrega dun lote de libros para a biblioteca.

Felicitacións para a Eva e animámosvos a participar para o vindeiro ano.

Clicando na imaxe podedes ver as fotos.