Centenario da "Sociedad Sada y sus Contornos"

Estamos preparando os actos da conmemoración do centenario do nacemento da “Sociedad Sada y sus Contornos”. Esta sociedade, que naceu en Nova York o 19 de maio de 1913, foi a que edificou a escola que alberga o noso centro. Esta celebración coincide co 150 aniversario do nacemento de Manuel Lugrís Freire, quen fora Presidente honorario da "Sociedad Sada y sus Contornos"

Os actos de conmemoración, organizados polo Colexio e o Concello de Sada, terán lugar o 16 de maio de 2013 na Casa da Cultura ás 12 da mañá. Tamén haberá algunhas actividades no colexio.

Convidamos a toda a comunidade educativa e aos veciños de Sada a asistir e compartir esta celebración.