Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1º Curso, 3º Curso, 6º Curso, blog skills, Celebramos!, Ed. infantil, Escolares, Games, Good Job, Historias da nosa aula, Inglés, Medio Ambiente, Música, O souto dos Laretas, Obradoiro das Letras, PALE, Recunchos

Aquí cociñamos tod@s

Hoxe @s alumn@s de 5º e 6º de primaria do colexio CEIP Saco e Arce de Toén, queriamos aproveitar a enerxía calorífica do sol para facer unha infusión e unhas magdalenas nun forno solar.

Primeiro adaptamos a receita ás nosas necesidades aplicando as porcentaxes e as proporcións. Pedimos os igredientes na cociña e medimos e pesamos coas probetas e coa balanza. 

MAGDALENAS

INGREDIENTES

• 2 ovos

• 132 gramos de fariña de trigo

• 132 gramos de azucre

• 132 mililitros de aceite

• 52 mililitros de leite

• 1 sobre de fermento

• Raspadura de limón e noces

Procedemento

1. Bater o azucre xunto cos ovos coa axuda dun batedor ata que quede espumoso.

2. Incorporar a raspadura de limón e o leite pouco a pouco.

 

3. Engadir o aceite

4. Peneirar a fariña co fermento e engadirllo lentamente á mestura 

5. Engadir as noces picadas.

  

6. Deixar repousar media hora (o recreo) para que queden máis esponxosas.

7. Encher os moldes das magdalenas 1/3 da súa capacidade.

Mentres cociñabamos démonos conta de que o sol non acababa de saír de detrás as nubes e o forno non estaba a temperatura axeitada, así que decidimos cambiar de plans.

Pedímoslle ás cociñeiras se podiamos usar o forno do comedor, e elas deixáronnolo encantadas. 

Mentres se cociñaban as magdalenas, preparamos unha infusión de Herba Luísa no Forno Solar, xa que non se precisa de tanta temperatura como para fornear as madalenas, e pasados quince minutos, as magdalenas estaban forneadas e a infusión, que chegou ata os corenta graos, estaba lista mesturamos con azucre e...

 

Traballo realizado por Brais Pazos Pereira

Día da árbore e a auga

Día da árbore - 2015

Regalando Poemas

DÍA DE ROSALÍA

Para esta ocasión, cada un escolleu un poema de Rosalía, preparámolo e na hora de ler percorremos as distintas clases recitándoo.

Tiñamos que comentar a súa temática falando cos rapaces e pedirlle a cada nen@ que fixera un debuxo dun dos poemas que escoitara. 

Houbo quen se atreveu cun rap rosaliano…

Entroido 2015. Aula O Greco

OS CABALEIR@S COA MAN NO PEITO 

Reescribimos a letra da Canción A Bomba de King África para adaptala ao noso disfraz e preparamos unha sinxela coreografía

Cantar e bailar á vez ten a súa dificultade Risa: SABEDES QUE OS CADROS DO GRECO SON UNHA.... BOOOOMBAAA

Letra da canción

 

Entroido 2015. Aula Kandinsky

Entroido 2015. Aula Miró

Entroido 2015. Escola de Pintores

Pintando sorrisos

 
Música e poesía: coa base musical  de "Oh when the saints go marching in",  góspel estadounidense que fixo popular Louis Armstrong, compuxemos unha nova letra para cantar no día da Paz. Unha actividade encadrada dentro do Proxecto interdisciplinar de centro: Escola de pintores


ENTROIDO

 

http://1.bp.blogspot.com/-RCbek3qRATw/SyKgbK-UcnI/AAAAAAAAOwI/WGIecbm9uAY/s1600/lin25.gif

ENTROIDO 2015

ENTROIDO

 

http://1.bp.blogspot.com/-RCbek3qRATw/SyKgbK-UcnI/AAAAAAAAOwI/WGIecbm9uAY/s1600/lin25.gif

Preparando o noso Entroido. Aula Kandinsky

Distribuir contido


by Dr. Radut