Skip to Content

Somos PLAN PROXECTA

 

 

 

 

Biblioteca escolar

 

 

 

 

 

  

Participamos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Receita Arrepiante de Samaín

Que se celebra?  O SAMAÍN, palabra de orixe gaélica que ven a significar FIN DO VERÁN. Chega o frío, caen as follas, as noites son moi longas... Pero aínda está por vir a noite máis arrepiante do ano, a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro. Chega o mes de Santos e as ánimas dos defuntos saen e vagan polos camiños e por iso non está de máis tallar unha caveira de colondro ou cabaza e colocala no valo da túa casa, nas encrucilladas e... por que non?, no cemiterio. Este ritual manterá alonxadas ás ánimas... uhhhhhhh!

Para poder sobrelevar tanta troula preparamos este ponche morno de cabaza, unha bebida reconstituínte e arrepiante, perfecta para vivir sen sobresaltos estas datas.

 Paso 1:  Necesitarás os seguintes ingredientes 

  • 2 colondros medianos baleiros
  • 3 l de zume de mazá
  • 2 l de zume de piña
  • 4 culleradiñas de zume de limón
  • 2 paus de canela
  • 3 mazás
  • 2 culleradiñas de cravos enteiros.

 Paso 2:  Baleira as cabazas. 

 Paso 3:  Fai boliñas de mazá. Forma pequenas bolas de mazá usando o mesmo utensilio que para facer as boliñas de melón

Coloca as boliñas de mazá nunha cunca

Dálles mais sabor ás mazás cravando en cada boliña un cravo no centro.


 Paso 4:  Mestura 

Engade o zume de mazá, o zume de piña, o zume de limón, as bolas de mazá, e os pauciños de canela. Remove e quenta durante uns poucos minutos a lume medio (non ten que ferver). Retira a pota do lume e deixa arrefriar.


 Paso 5:  Serve

Cando arrefríe un pouco, introduce o ponche dentro da cabaza baleira. Isto fará o teu ponche un chisquiño máis arrepiante.



page | by Dr. Radut