Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
LISTAXES DEFINITIVAS DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO
loli — Ven, 30/09/2016 - 13:47
LISTAXES DEFINITIVAS das actividades extraescolares subvencionadas polo concello.
Debido a que o número de solicitudes foi superior ao número de prazas ofertadas, procedeuse a realizar un sorteo coa letra do apelido pola que comezar a adxudicar as mesmas - letra R, no caso de patinaxe, letra F, en xadrez -.
Baile galego: Infantil e de 1º a 6º de primaria
Patinaxe: de 1º a 6º de primaria
Xadrez: de 1º a 6º de primaria
RECORDATORIO: Para CONFIRMAR ou REXEITAR a INSCRICIÓN nas ditas actividades deberán pasar pola SECRETARÍA do centro.
INFORMAMOS ÁS FAMILIAS QUE, NAS ACTIVIDADES QUE HAXA LISTA DE ESPERA, NO CASO DE NON PRESENTARSE O PRIMEIRO DÍA DA ACTIVIDADE, E NON XUSTIFICAR A FALTA PREVIAMENTE (OU AO DÍA SEGUINTE), CAUSARÁN BAIXA AUTOMATICAMENTE EN DITA ACTIVIDADE.
Beca para alumnos/as con necesidades educativas especiales 2016/2017
loli — Mar, 13/09/2016 - 18:18
Xa se pode solicitar a beca para alumnos/as con necesidades educativas especiales 2016/2017
O BOE do pasado sábado 6 de agosto publicaba o extracto da nova Convocatoria para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2016/2017.
Estas axudas poden solicitalas os alumnos que presenten necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta e que estean nos seguintes niveis educativos:
Educación Infantil.
Educación Primaria.
Educación Secundaria Obrigatoria.
Bacharelato. Ciclos formativos de grao medio e superior. Ensinos artísticos profesionais. Formación Profesional Básica.
Tamén poden solicitala os que teñan necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais nos seguintes niveis:
Educación Primaria.
Educación Secundaria Obrigatoria. Bacharelato. Ciclos formativos de grao medio e superior. Ensinos artísticos profesionais.
Lembrade que esta bolsa pódese solicitar na Sede electrónica do MECD ata o 29 de setembro.
Texto completo da Convocatoria para alumnos con necesidade específica de apoio educativo 2016/2017
INICIO CURSO 2016/2017
loli — Mar, 06/09/2016 - 20:59
COMEZO DAS CLASES O DÍA 12 DE SETEMBRO DE 2016 PARA TODOS OS ALUMNOS E ALUMNAS DE E. INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA, EN HORARIO DE 9:00 H A 14:00 H, AGÁS PARA O ALUMNADO DE 4º DE E. INFANTIL QUE O FARÁ SEGUINDO O PERÍODO DE ADAPTACIÓN QUE PODEDES VER NO DOCUMENTO ADXUNTO.
LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO LIBROS DE 3º E 4º DE PRIMARIA
loli — Xov, 14/07/2016 - 13:02
AVISOS
Listaxe definitiva do fondolibros de 3º e 4º niveis da Educación Primaria. (Ver no adxunto ao final desta páxina)
Aquelas familias que aínda non recolleron o cheque de axuda de libros ou o de material escolar, poderán facelo no mes de setembro.
Así mesmo, comunicarlles que aos alumnos/as que teñen dereito aos lotes de libros - préstamo ou fondo solidario - lles serán entregados, igualmente, no mes de setembro.
LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS CURRICULARES CURSO 2016/2017
loli — Xov, 30/06/2016 - 13:22
A lista de libros de texto e materiais curriculares, de Ed. Primaria e Ed. Infantil, para o curso 2016-2017, poden visualizala nos documentos adxuntos.
Recórdase que ao ser un Centro que formamos parte do Proxecto E-Dixgal, o alumnadode 5º e 6º de EP, non precisa mercar libros de texto.
A lista de libros e materiais curriculares para o curso 2016-2017, foi aprobada, por unanimidade, tanto polo Claustro de Profesores, como polo Consello Escolar, nas respectivas reunións celebradas o 30 de xuño de 2016.
Convocatoria axudas adquisición libros de texto e material escolar
loli — Xov, 19/05/2016 - 13:49
Convócanse as axudas do fondo solidario para 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria, as axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º e as axudas para adquirir material escolar destinadas a toda a educación primaria para o curso escolar 2016/17.
Remata o prazo para as solicitudes o 23 de xuño de 2016.
As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario ou de axudas para adquirir libros de texto teñen a obriga de devolver os recibidos no curso 2015/16 antes do día 23 de xuño.
Enlace coa información:
Listado definitivo de solicitudes admitidas para o curso 2016/17
loli — Lun, 02/05/2016 - 11:18
En base ao artigo 31 da Orde 12 de marzo do 2013, o centro publicará listaxe definitiva de admitidos e non admitidos antes do 15 de maio. Ditas listaxes poderán ser impugnadas con recurso de alzada ou reclamación ante a persoa titular da Xefatura Territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación. As listas estarán expostas ata o día do inicio do vindeiro curso escolar.
Do 20 ao 30 de xuño será o prazo de formalización de matrícula nos centros para educación infantil e primaria, e do 25 de xuño ao 10 de xullo, para a ESO. O formulario de matrícula poderá ser descargado dende a páxina web da Xunta, ou poderá ser solicitada na secretaria do centro educativo.
No segunte enlace poderán ver o listado definitivo de solicitudes admitidas para o curso 2016/17
AVALIACIÓN FINAL DE EDUCACIÓN PRIMARIA
loli — Lun, 02/05/2016 - 09:37
Achégase por este medio información de interese para as familias sobre a avaliación final de educación primaria. Esta información tamén está dispoñible no seguinte enlace do portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:
Enlace
Carta_familias_avaliacion_final_EP.pdf
LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO 2016/17
loli — Ven, 22/04/2016 - 13:33
- Ábrese un prazo de 5 días hábiles para as posibles reclamacións.
- No seguinte enlace pode consultarse un arquivo *.pdf coa Listaxe de ADMITIDOS e NON ADMITIDOS.
PROCESO ADMISIÓN 2016 - 2017
loli — Ven, 01/04/2016 - 09:59
Segundo establece o artigo 17 da Orde do 12 de maio de 2013 (DOG nº 53 do 15 de maio), e xa que a demanda de solicitudes foi superior ao de prazas ofertadas, ábrese un prazo de 10 días (dende o día 1 de abril ao 12 de abril) para achegar a documentación xustificativa dos criterios do baremo.
A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS POR ORDEN DE PUNTUACIÓN TOTAL OBTIDA NO BAREMO SERÁ PUBLICADA ANTES DO 25 DE ABRIL, PODENDO PRESENTAR RECLAMACIÓN Á MESMA NO PRAZO DE 5 DÍAS HÁBILES CONTADOS A PARTIRES DO SEGUINTE Á SÚA PUBLICACIÓN (No caso de querer consultar as listaxes provisionais coa puntuación desglosada poderá solicitarse na Secretaria do Centro).
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- seguinte ›
- última »