Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
PERÍODO DE ADAPTACIÓN 2019 - 2020
loli — Mar, 03/09/2019 - 11:50
O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro, terá a mínima duración posible que permita conseguir os seus obxectivos e, en todo caso, non se poderá prolongar máis de 10 días lectivos desde a data de inicio das clases. (Capítulo VI do anexo áOrde do 22 de xullo de 1997 e Orde do 25 de xuño de 2009 )
O período de adaptación é o intervalo temporal que o alumnado precisa para asimilar os cambios producidos na súa vida, contorno e ambiente ao incorporárense ao centro escolar, é dicir, ao pasar dun ambiente que coñecen e dominan a outro descoñecido e que, en moitos casos, vai supoñer tamén a primeira separación das figuras de apego
Preme na imaxe e poderás descargar a publicación: O proceso de adaptación de Educación Infantil. E ti...vas á escola?
PERÍODO DE ADAPTACIÓN 2019 - 2020 (VER ANEXO)
PROGRAMA ESCOLA ABERTA (comedor e madrugadores). CURSO 2019/2020
loli — Xov, 01/08/2019 - 12:38
As familias que desexen empregar estes servizos no mes de setembro teñen que entregar a solicitude no rexistro do Concello de Lugo antes do 31 de agosto.
LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019/20
loli — Xov, 01/08/2019 - 12:21
Para ver a lista dos libros de texto e os materiais do curso 2019/2020 pode consultar os Anexos correspondentes.
LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS
loli — Xov, 01/08/2019 - 12:15
Publicada a listaxe definitiva do alumnado de educación primaria que ten dereito ao fondo de libros de texto.
Consultar o Anexo.
As familias do alumnado que non recolleron os vales de axudas para libros de texto e/ou material escolar poderán recollelos a partir do día 2 de setembro na secretaría do centro.
Fondo Solidario de Libros. Axudas Libros.
loli — Dom, 30/06/2019 - 19:47
PRAZO DE PRESENTACIÓN (21 DE MAIO AO 21 DE XUÑO DE 2019 (INCLUSIVE)
ORDE DO 3 DE MAIO DE 2019 (DOG 20 de maio).
LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS 2019/ 20 (VER ANEXOS)
LISTAXE DE ALUMNOS/AS PERÍODO DE ADAPTACIÓN (VER ANEXOS)
Lista definitiva de alumnado admitido e non admitido para o curso 2019/20
loli — Mar, 14/05/2019 - 14:14
Nos adxuntos pódese comprobar a lista definitiva de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso 2019 - 2020.
Contra as listas definitivas, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación (art. 32.1 da Orde 12 de marzo de 2013).
LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO CURSO 2019/20
loli — Mér, 24/04/2019 - 14:35
A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS POR ORDEN DE PUNTUACIÓN TOTAL OBTIDA NO BAREMO, pode consultarse nos documentos adxuntos ou nas portas, tanto do centro de primaria coma no de infantil, PODENDO PRESENTAR RECLAMACIÓN Á MESMA NO PRAZO DE 5 DÍAS HÁBILES CONTADOS A PARTIRES DO SEGUINTE Á SÚA PUBLICACIÓN (No caso de querer consultar as listaxes provisionais coa puntuación desglosada poderá solicitarse na Secretaria do Centro)
ADMISIÓN ALUMNADO 2019/2020
loli — Lun, 25/03/2019 - 14:27
Debido á superación de solicitudes de admisión para alumnado de 4º de E. Infantil respecto ao número vacantes ofertadas, será imprescible aportar a documentación acreditativa dos criterios alegados dende o 25 de marzo ata o 4 de abril.
ADMISIÓN ALUMNADO 2019/2020
loli — Mar, 26/02/2019 - 19:13
Do 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive) presentación de solicitudes para a admisión de alumnado para o curso 2019/2020.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-20 de marzo, facilitado na Secretaria do centro ou na aplicación admisión de alumnado http://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado
-
Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.
-
Fotocopia do libro de familia e orixinal para cotexo.
-
Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de darse o caso.
- Anexos:
- Calendario do proceso de escolarización.
- Información pública sobre o proceso de admisión,
- Mapas sobre a situación do centro e as zonas de influencia.
- Información sobre o centro educativo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »