Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021 - 2022.
loli — Lun, 04/01/2021 - 21:53
ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
RESERVA DE PRAZA/SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022
O alumnado de 6º de primaria do CEIP Rosalía de Castro que durante o curso 2021-2022 desexe cursar 1º da E.S.O. no I.E.S. Lucus Augusti, centro ao que estamos adscritos, terán que entregar a solicitude de reserva de praza do día 11 de xaneiro ao 8 de febreiro na secretaría do noso centro (anexo I). Tamén poden presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da aplicación admisionalumnado (https//www.edu.xunta.es/admsionalumnado).
Se deciden optar por un centro distinto ao que lles corresponde por adscrición terán que entregar a solicitude de admisión de praza do día 1 ao 20 de marzo (anexo II). A solicitude de admisión a presentarán a través da aplicación admisionalumnado (https//www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Tamén poderán presentar a solicitude de forma presencial no centro que elixiron como primeira opción ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Anexo I- Reserva de praza no IES Lucus Augusti (11 de xaneiro ao 8 de febreiro)
Anexo II- Solicitude de admisión en centro distinto (1 ao 20 de marzo)
Aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)
Mapas de escolarización da zona de Lugo
NADAL 2020
loli — Dom, 27/12/2020 - 20:18
Coreografías realizadas polo alumnado e profesorado de Educación Infantil e Educación Primaria para celebrar a chegada do Nadal.
Con máscaras. a distancia, en grupos burbulla ... pero, sempre con alegría!
BO NADAL PARA TODAS E TODOS E FELIZ ANINOVO!
Axudas para mercar mascarillas
loli — Lun, 16/11/2020 - 19:56
Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E)
Diario Oficial de Galicia nº 230, do 13.11.2020.
ALUMNADO DESTINATARIO
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria brigatoria e educación especial:
a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.
b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)
Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial PREVIA SOLICITUDE DE CITA no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.
PRAZO
Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia: 10 días hábiles a partr do seguinte á publicación no Diario Ofcial de Galicia, é dicir, do 16 ao 27 de novembro de 2020.
Descargar solicitude aquí
Actualización do protocolo de centros e novos protocolos específicos ante a Covid 19
loli — Dom, 27/09/2020 - 16:03
- PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 PARA O CURSO 2020-2021 (04-11-2020)
- PROTOCOLO DE PREVENCIÓN DA TRANSMISIÓN DA COVID-19 NOS COMEDORES DOS CENTROS EDUCATIVOS
- PROTOCOLO DE PREVENCIÓN DA TRANSMISIÓN DA COVID-19 NO ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAS PARA O ÁMBITO EDUCATIVO
- DOCUMENTO DE ADAPTACIÓN ESPECÍFICO DE MEDIDAS DE SEGURIDADE
- RECOMENDACIÓNS SOBRE A VENTILACIÓN EN CENTROS EDUCATIVOS
- PROTOCOLO DE PREVENCIÓN DA TRANSMISIÓN DA COVID-19 NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
- PREVENCIÓN DA TRANSMISIÓN DA COVID-19 NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS ORGANIZADAS POLOS CENTROS EDUCATIVOS ASÍ COMO DE ACTIVIDADES DERIVADAS DE COLABORACIÓNS OU CONVENIOS
- MEDIDAS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL
Documentos de centro. Autorizacións
loli — Mér, 16/09/2020 - 20:43
DOCUMENTOS E PROTOCOLOS PARA ADAPTAR O NOSO CENTRO AO CONTEXTO DA COVID - 19. CURSO 2020 - 2021
loli — Mar, 08/09/2020 - 01:38
Nos seguintes protocolos intentamos informar das principais adaptacións do noso centro para poder garantir, na medida do posible, a seguridade de toda a comunidade educativa.
Esperamos a vosa cooperación, respectando ao máximo posible todas estas adaptacións, sobre todo no relativo á puntualidade de horarios de entradas e saídas, así como dos accesos ao centro.
Para calquera consulta ou aclaración, por correo electrónico ou nos tfnos: 982870390 - 982870391
DOCUMENTOS E PROTOCOLOS
DATAS COMEZO DAS CLASES. CURSO 2020 - 2021
loli — Mar, 08/09/2020 - 00:13
- Día 10 de setembro: Comezo das clases para 4º Infantil, 5º Infantil , 1º, 2º e 3º de E. Primaria.
- Día 11 de setembro: Comezo das clases para 6º Infantil e 4º, 5º e 6º de E. Primaria.
TODO O ALUMNADO DE E. PRIMARIA DEBERÁ ACUDIR AO CENTRO CON MÁSCARA.
ADEMAIS DEBERÁ TRAER OUTRA MÁSCARA DE REPOSTO NUNHA BOLSA OU ESTOXO.
AS DÚAS MÁSCARAS TEÑEN QUE TRAER O NOME DO NENO/A.
Os horarios (agás 4º de E. Infantil que estará co período de adaptación) teñen en conta as seguintes consideracións especiais relativas á organización deste curso escolar no que:
- As entradas e saídas durante este curso escolar (ou mentres a situación así o requira) realizaranse de forma escalonada.
- Nas entradas o alumnado formará filas para entrar nas aulas nos espazos habilitados para cada curso.
- Alumnado de E. Primaria: entrará só no centro entre as 8:45 e as 9:00 h (segundo o horario que figura no protocolo). As familias non poderán acceder ao recinto escolar, agás o alumnado de 1º de primaria que, ao ser o primeiro día de clase, poderá ser acompañado á entrada principal por un só adulto.
- Alumnado de E. infantil: Entrará no centro, acompañado dun só familiar entre as 9:00 e as 9:20h (segundo o horario que figura no protocolo)
- As saídas realizaranse escalonadas entre as 13:45 e as 14:00 h. Cada curso terá unha hora e unha porta específica de saída.
POLA SEGURIDADE DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PEDIMOS A TODAS AS FAMILIAS QUE RESPECTEN OS HORARIOS DE ENTRADAS E SAÍDAS QUE FIGURAN NO PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN Á COVID - 19
A PUNTUALIDADE DE TODOS XOGA UN PAPEL IMPORTANTE NESTA SITUACIÓN.
Dada a imposibilidade da organización do comedor para o día 10 de setembro
NON HABERÁ SERVIZO DE ALMORZO NIN DE XANTAR ATA O DÍA 14 DE SETEMBRO.
GUIA PARA AS FAMILIAS PROTOCOLOS COVID - 19
loli — Lun, 07/09/2020 - 14:44
Para facilitarvos a ardua tarefa de ler o Protocolo de Adaptación ao Contexto Covid, elaboramos un pequeno documento guía para as familias, cos horarios de entrada e saída dos diferentes cursos, días de inicio das clases, asignación de recreos, aseos, normas de aula... etc, deste complicado curso que se nos avecina.
Recordade que as reunións de pais/nais/titores legais, NUNCA, poden ser presenciais, alomenos, mentres sigamos na situación epidemiolóxica actual. Lembrade que as familias non podedes entrar no centro, nin permanecer nel. Todas as medidas que está tomando o centro educativo fanse para protexer aos vosos fillos/as, ás familias e, por suposto, ao persoal docente e non docente do centro educativo.
Estamos ante un curso diferente, moi complicado e, polo tanto, debemos cumprir estrictamente os protocolos e ser exemplarizantes para os nosos alumnos/as, é dicir, para os vosos fillos e fillas. Polo tanto, solicitamos das familias colaboración, comprensión e empatía para facilitar o traballo do centro escolar.
GUÍA FAMILIAS PROTOCOLO COVID - 19
MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE FAMILIAS
Listaxe material escolar para o curso 2020 - 2021
loli — Ven, 04/09/2020 - 13:55
Segundo a Actualización do Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/2021, o alumnado de educación primaria ten a obriga de usar máscaras durante toda a xornada lectiva en todos os espazos do centro educativo, ademais de acudir cunha segunda máscara de recambio así coma un estoxo específico para gardala en caso necesario, como por exemplo no momento de comer.
Por todo o anterior, o alumnado de Educación Primaria ademais de adquirir o material correspondente ao seu curso, deberá acudir ao Centro con máscara, un estoxo para gardala (saco de tea, sobre papel, bolsa papel...) e unha segunda máscara de recambio cada día. Para o alumnado de Educación Infantil esta circunstancia considerase moi recomendable, pero, non obrigatoria.
Lémbrase que este curso o alumnado non compartirá material de uso propio con ningún dos seus /súas compañeiros/as, e solicitamos ás familias que todo o material veña identificado co nome do alumno/a.
A medida que o profesorado titor/a/especialista nos vaia comunicando que material necesita o alumnado de cada curso, irase colgando nesta mesma entrada da páxina web.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »