Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
Consello escolar
Calendario Consello Escolar 2021 - 2022
loli — Sáb, 23/10/2021 - 18:39
Informamos de que no mes de novembro levaranse a cabo as eleccións para a renovación parcial dos membros do consello escolar do centro. Ditas eleccións tiñan que haber sido o pasado curso académico pero debido á situación pola COVID retrasáronse e serán cargos por 3 cursos académicos.
Adxuntamos o calendario (ver Anexos) coas datas do proceso e animamos aos pais e nais do alumnado do centro a presentar a súa candidatura.
As candidaturas que toca renovar son:
- 3 representantes de pais/nais (unha será proposta pola ANPA)
- 2 representantes do profesorado.
Ás persoas membros da Xunta Electoral, membros das mesas electorais e aos electores se lles aplicará o permiso laboral recollido no artigo 117da Lei 2/2015 do Emprego Público de Galicia e recibirán unha xustificación da dirección do centro pola súa asistencia.
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
loli — Lun, 04/10/2021 - 10:56
RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR
loli — Lun, 14/11/2016 - 10:30
AVISOS
CALENDARIO DEFINITIVO DE ACTUACIÓNS CONSELLO ESCOLAR
Para calquera dúbida ou información poden consultar nesta páxina no apartado de secretaría en Renovación parcial do Consello Escolar, no taboleiro da entrada pegado á biblioteca, ou no propio Centro.
Poden ver todo o relativo á normativa referida ao nomeamento e constitución dos Consellos Escolares no seguinte enlace..
DECRETO 92/88 do 28 de abril. (DOG 29/04/88)
ART. 34, 35, 36 e 37, relativos ao profesorado.
ART. 38, 39, 40 e 41, relativos aos pais/nais ou titores legales do alumnado do centro educativo.