Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
NOVOS TELÉFONOS DO CENTRO EDUCATIVO
loli — Xov, 18/01/2018 - 11:44
CAMBIO DE NÚMEROS DE TELÉFONO DO CENTRO.-
Aínda que nun principio pode levar algún trastorno para os usuarios, co novo contrato evítanse cambios de numeración no futuro aínda que se modifique o operador ou se trasladen liñas. O proceso está a facerse aos poucos e durante seis meses o usuario que chame ao vello número escoitará unha mensaxe no que se lle facilita o novo. Aínda así, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pediunos aos centros que deamos difusión ao número a través das canles habituais e tamén se farán os cambios do contacto nas webs dos colexios. O novo servizo permitirá ter unha tarifa plana para fixos, móbiles e números especiais, reparación das terminais de modo gratuíto e contar cun sistema de telefonía avanzada
Centralita - 982870390
Dirección - 982870391
Orientación - 982870392
Infantil .- 982870394
FAX - 982870395
Conserxería - 982870396
Limpeza de especies invasoras polos alumn@s de 6º de primaria
loli — Dom, 12/11/2017 - 22:41
BENVIDOS A UN NOVO CURSO ESCOLAR
loli — Dom, 10/09/2017 - 18:42
Alumnado a partir de 4 anos e E. Primaria: As clases comezarán o luns 11 de setembro de 9.00 a 14:00.
Alumnado de 3 anos: período de adaptación.
ENTRADAS E SAÍDAS
1º, 2º e 3º de E. Primaria: Entrarán pola porta dianteira principal de Rua Cambria.
4º , 5º e 6º de E. Primaria: Na parte de atrás do edificio principal, porta de Marina.
SERVIZOS DO CENTRO
Como todos os anos, o centro dispón de servizo de comedor (almorzo e xantar). Pódese facer uso do servizo do comedor todos os días, en días fixos á semana ou en días esporádicos.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
O centro oferta actividades extraescolares gratuitas subvencionadas polo Concello de Lugo e actividades non gratuitas organizadas pola ANPA. Nos primeiros días de clase recibirán información das actividades ofertadas para este curso escolar.
As actividades extraescolares comezarán no mes de outubro e realizaranse en horario de 16:00 a 18:00 de luns a venres. Informaramos do horario de cada actividade.
INFORMACION XERAL DO CENTRO
As familias recibirán a información do centro a través de:
CORREO ELECTRÓNICO:
- As circulares informativas serán enviadas ás familias a través dos seus correos electrónicos. Se non o teñen, serán enviadas en papel.
- As familias poden facer calquer consulta á dirección do noso correo electrónico: iceip.rosalia.lugo@edu.xunta.es
A NOSA PÁXINA WEB: Será un medio de información xeral do centro: novas, actividades... http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprosalialugo
FACEBOOK: Publicaremos no noso novo Facebook novas actuais do centro.
TELÉFONO: Calquer consulta, dúbida ou aclaración pódese facer a través do seguinte teléfono: 982870390
FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO
loli — Lun, 03/07/2017 - 13:18
AVISO IMPORTANTE
FONDO DE LIBROS (3º E 4º DE PRIMARIA): Listado provisional de admitidos e excluídos ( Ver Anexos)
- Ábrese un prazo de tres días hábiles para presentar alegacións ou reclamacións.
- Listado provisional o día 7 de xullo
- Listado definitivo o día 10 de xullo ( Ver Anexo)
RECOLLIDA DE LIBROS PRESTADOS DE FONDO: PRIMEIRA SEMANA DE SETEMBRO
AXUDAS LIBROS E MATERIAL. Poden pasar a recoller os vales pola Secretaria do Centro.
LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS CURRICULARES CURSO 2017/2018
loli — Lun, 03/07/2017 - 10:45
A lista de libros de texto e materiais curriculares, de Ed. Primaria e Ed. Infantil, para o curso 2017-2018, poden visualizala nos documentos adxuntos.
Recórdase que ao ser un Centro que formamos parte do Proxecto E-Dixgal, o alumnadode 5º e 6º de EP, non precisa mercar libros de texto.
A lista de libros e materiais curriculares para o curso 2017-2018, foi aprobada, por unanimidade, tanto polo Claustro de Profesores, como polo Consello Escolar, nas respectivas reunións celebradas o 29 de xuño de 2017.
ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2017/18
loli — Lun, 19/06/2017 - 18:33
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
Prazo: Do 20 ao 30 de xuño para o alumnado de educación infantil e primaria admitido.
A partir do día 1 de Xuño disporá do impreso para a formalización da Matrícula (ANEXO III-1), poderá cubrilo cos datos que se lle piden, imprimilo e entregalo no centro educativo.
Asimesmo poderá consultar nos anexos a documentación que deba acompañar.
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar
loli — Mar, 23/05/2017 - 10:14
No DOG do día 22 de maio de 2017 publícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.
Actuación da Banda Municipal de Música no colexio
loli — Dom, 21/05/2017 - 17:21
Dentro dos Concertos Didácticos que está a realizar a Banda Municipal de Musica de Lugo, tocou actuación no noso colexio. Ás 11 da mañá, no pavillón polideportivo, con todos os alumnos e alumnas do centro e, acompañados pola alcaldesa, Lara Méndez, a concelleira de Cultura, Carme Basadre e o concelleiro de Educación, Manuel Núñez, a Banda ofreceu un concerto titulado "Fantasía", onde misturaron dun xeito excepcional música e maxia. Todos os espectadores disfrutamos moito deste estupendo espectáculo.
LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2017/18
loli — Ven, 12/05/2017 - 14:00
No día de hoxe saen publicadas as listas do alumnado admitido para o vindeiro curso 2017/18.
No caso de non estar de acordo coa adxudicación das prazas, as persoas interesadas deberán interpoñer un Recurso de Alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial de Lugo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación das listas definitivas.
Ver Anexos
LISTAXE PROVISONAL DE ALUMNADO NON ADMITIDO
loli — Ven, 28/04/2017 - 14:30
No día de hoxe, 28 de abril de 2017, publícanse as listaxes provisionais de alumnos/as non admitidos para o vindeiro curso 2017/18, de xeito alfabético e por orde de puntuación (ver documentos adxuntos).
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- seguinte ›
- última »