Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
BENVIDOS A UN NOVO CURSO ESCOLAR
loli — Dom, 10/09/2017 - 17:42
Alumnado a partir de 4 anos e E. Primaria: As clases comezarán o luns 11 de setembro de 9.00 a 14:00.
Alumnado de 3 anos: período de adaptación.
ENTRADAS E SAÍDAS
1º, 2º e 3º de E. Primaria: Entrarán pola porta dianteira principal de Rua Cambria.
4º , 5º e 6º de E. Primaria: Na parte de atrás do edificio principal, porta de Marina.
SERVIZOS DO CENTRO
Como todos os anos, o centro dispón de servizo de comedor (almorzo e xantar). Pódese facer uso do servizo do comedor todos os días, en días fixos á semana ou en días esporádicos.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
O centro oferta actividades extraescolares gratuitas subvencionadas polo Concello de Lugo e actividades non gratuitas organizadas pola ANPA. Nos primeiros días de clase recibirán información das actividades ofertadas para este curso escolar.
As actividades extraescolares comezarán no mes de outubro e realizaranse en horario de 16:00 a 18:00 de luns a venres. Informaramos do horario de cada actividade.
INFORMACION XERAL DO CENTRO
As familias recibirán a información do centro a través de:
CORREO ELECTRÓNICO:
- As circulares informativas serán enviadas ás familias a través dos seus correos electrónicos. Se non o teñen, serán enviadas en papel.
- As familias poden facer calquer consulta á dirección do noso correo electrónico: iceip.rosalia.lugo@edu.xunta.es
A NOSA PÁXINA WEB: Será un medio de información xeral do centro: novas, actividades... http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprosalialugo
FACEBOOK: Publicaremos no noso novo Facebook novas actuais do centro.
TELÉFONO: Calquer consulta, dúbida ou aclaración pódese facer a través do seguinte teléfono: 982870390