Skip to Content

Comedor e madrugadores

PRAZAS COMEDOR/MADRUGADORES 2020/2021

Bos días,

Informar que todas as persoas que solicitaron o comedor e madrugadores e teñen un correo confirmando que todos os documentos están correctamente entregados, teñen praza de comedor.

Non houbo máis solicitudes que prazas así que non se tivo en conta os criterios de admisión propostos.

Lembrar que os solicitantes de bolsa comedor teñen que esperar a que salga a listaxe definitiva para poder facer uso do comedor sen ter que adiantar o pago.

Para calquera pregunta, por email ou teléfono 603 85 60 20.

INSCRICIÓN COMEDOR/MADRUGADORES 2020/2021

Este curso 2020-2021, debido ás circunstancias especiais derivadas da situación xerada pola COVID- 19, as prazas de comedor poden verse reducidas para manter a normativa de distanciamento social esixida polas autoridades competentes.

Primeiro, para poder inscribirse no servizo de comedor e/ou madrugadores é imprescindible cumprir estes requisitos:


1.- Estar ao día nos pagos con Scolarest (empresa que presta o servizo de comedor e madrugadores.

2.- Firmar a correspondente "Declaración responsable".

 

Partindo destas premisas, o Anpa decidiu unha serie de criterios para a inscrición no comedor que serán de aplicación sempre e cando o número de solicitudes sexa maior que o número de prazas ofertadas. 

 

Os criterios son os seguines e van pola orde que se indica a continuación:

 

1.- Ser socio do Anpa no curso 2020/2021.

 

2.- Necesidade de conciliación: que ambos titores ou un, no caso de familias monoparentais, teñan un horario de traballo que imposibilite a recollida dos nen@s ao mediodía. Marcarase no recadro correspondente do impreso de comedor e o Anpa poderá solicitar a documentación pertinente para verificación das circunstancias.

 

3.- Alumnado beneficiario de beca comedor.

 

4.- Resto de solicitantes. 

 

RECOLLIDAS: Este ano como novidade e para ter o menor número de nen@s xuntos, os nenos de Infantil e 1º de Primaria poderán saír ás 15:00 horas (avisando aos monitores de comedor). Os demais nenos sairán coma sempre ás 16:00 horas. 

 

SERVIZO "COMIDA PARA LEVAR": este ano tamén ofrecemos, como novidade a posibilidade de levar a comida do comedor para comer na casa, así evitamos que se xunten moitos nen@s no comedor. Se estades interesados poñédevos en contacto con nos no noso email anpa.ceipraquelcamacho@gmail.com.

 

Premendo aquí descarga os prezos para os servizos de comedor e madrugadores.

O prazo para a presentación de solicitudes irá de 26 de agosto ao 4 de setembro.

A modalidade de presentación das solicitudes será preferentemente online (enviando a declaración responsable e o impreso de comedor cubertos ao noso email: anpa.ceipraquelcamacho@gmail.com) ou, como excepción, presencialmente os días 27, 28 e 31 de agosto de 10:00 a 12:00 horas na aula de pintura/plástica entrando polo portalón ao lado da escola infantil (gardería). Estará Tere para atendervos.

Como resumo, para poder inscribirse no comedor ou/e en madrugadores, tedes que seguir os seguintes pasos:

1.- Darse de alta no Anpa. Este ano o alta como socio do Anpa realizarase online premendo aquí.

2.- Facernos chegar a declaración responsable curberta e asinada. Podedes descargala premendo aquí.

3.- Facernos chegar o impreso de comedor ou/e madrugadores cuberto e asinado que podedes descargar premendo aquí.

Somos moi conscientes de que as medidas que nos estamos vendo obrigados a tomar non serán do agrado de moitos, pero o único fin é tentar ofrecer un servizo o máis seguro posible tanto para os nen@s como para os traballador@s que prestan os servizos. Son unhas circunstancias tan excepcionais que pedimos compresión e tentaremos facelo cos mellores criterios.

INFORMACIÓN PARA OS BOLSEIROS DE COMEDOR DO CONCELLO DA CORUÑA

A Federación Provincial de ANPAS informa de que, desde a Concellería de Participación Cidadá e Benestar Social, se lles comunicou que se van a manter as becas de comedor. Procederase da seguinte maneira:

  1. As familias que necesiten o servizo para os menores bolseiros, remitirán un correo electrónico ao seu centro cívico de referencia.
  2. Os/As solicitantes recibirán a contestación no seu email, onde se lles indicará a que centro educativo teñen que ir recoller o menú, en horario de 13 a 14 horas.

LISTA DEFINITIVA DAS BOLSAS DE COMEDOR

Para beneficiarse da bolsa hai que presentar o documento de aceptación da mesma entre o 11 de novembro e o 22 de novembro, ambos inclusive.

Distribuir contido


by Dr. Radut