Skip to Content

FINA CASALDERREY NO NOSO COLEXIO

Este venres tivemos a sorte de recibir a visita de Fina Casalderrey. Veu na compaña da memoria da súa prezada María Victoria Moreno e canto aprendemos! Coñecemos unha María Victoria nena, adolescente, adulta... Unha persoa xenerosa, mestra entusiasta e inventora de soños que levaba aos seus libros para que todos e todas poidamos compartilos con ela.

Moi agradecidos e agradecidas a Fina Casalderrey por encher de fermosas palabras a nosa biblioteca.

FESTA DE FIN DE CURSO 2018

Imaxe: Youtube.

A dirección do CEIP Raquel Camacho, profesorado e alumnado temos o pracer de convidalos ao festival de fin de curso que celebraremos o venres, 15 de xuño, no salón de actos do Ágora. O comezo será ás 10 horas.

Pregamos encarecidamente a non interferencia nas actuacións dos grupos de alumno/as. Tamén se solicita o maior silencio posible dentro do salón de actos. Son, ademais, normas do Ágora:

  • Non comer nin beber dentro da sala.
  • Non introducir carriños de bebé ( deben quedar na entrada do salón ).
  • Cada persoa debe permanecer sentada no seu asento e non ocupar os corredores.

Informamos a todas as familias que vaian asistir ao evento que só poden sacar fotos ou gravar imaxes dos alumnos/as para a súa utilización exclusivamente persoal, familiar e de amizade. Non se deben publicar este tipo de gravacións en internet en aberto, a non ser que se conte co consentimento de todos aqueles que aparezan nas imaxes, dos seus pais ou titores legais, se son menores de 14 anos. 

Pídese, tamés, aos asistentes que gocende todo o festival e non abandonen o salón de actos ata o seu remate. Máis que nada por respecto ao alumnado de 6º de EP, que fai a súa despedida, e por non interferir no desenvolvemento do acto. No caso de que alguén teña que irse polos motivos que sexan, procure sentar nas últimas filas.

Grazas.

A Dirección do centro.

O NOSO FILME GAÑADOR NO V FESTIVAL DE CURTAS ÓPERA PRIMA 2018

 

Xa vos contabamos o outro día que os nenos e nenas de 5º e 6º de EP resultaron gañadores e gañadoras do Premio á mellor dirección no V Festival de Curtas öpera Prima 2018. E hoxe presentámosvos a película coa que levaron o premio. Esperamos que vos guste!

Aquí tendes o elenco de artistas participantes:

5º EP

  • Candela Antonio Costela
  • Rosmery Arenas Quispe
  • Moussa Cámara
  • Ainoha Castro Joglar
  • David Gomes dos Santos Pereira
  • Lucía González Guisande
  • Uxúe Juncal Lamas
  • Karina Nicole Lugo Anderson
  • Jonathan Alexander Marte Cano
  • Leo Parafita Lamas
  • Yoel López Rilo
  • Stefana Volontir

6º EP

  • Izan Blanco Romero
  • Camilla Giovanna García Vieira
  • Yanira Gómez García
  • Pablo Idahosa
  • Mouhamed Niang Thioukiri
  • Juanita Restrepo Zapata
  • Andrea Gabriela Ugarte Cervantes
Distribuir contido


by Dr. Radut