Skip to Content

O NOSO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

Xa sabes que levamos un par de semanas coñecendo o verbo e a persoa de Xela Arias e agora ímosche contar un pouco polo miúdo o que estivemos a facer.

Fanzines como nos que escribía Xela

Un fanzine é unha publicación afeccionada, xeralmente realizada de forma colectiva sobre un tema especializado, sen unha periodicidade estable e sen ánimo de lucro. No cole temos varias publicacións sen ánimo de lucro nas que queriamos publicar poemas ilustrados de Xela Arias. Cada ciclo tivo que ilustrar algún dos seus versos e os debuxos gañadores son estes de embaixo. Os premiados e premiadas (tamén nos outros dous concursos) recibirán o agasallo nos vindeiros días e as obras serán publicadas nun apartado especial da revista anual O VIVEIRO.

Mira aquí a entrega de premios.

E. Infantil

Adrián Calle Castillo de 6º A de EI.

1º ciclo de E. Primaria

 Alejandra Yaquimenko López de 1º B de EP.

2º ciclo de E. Primaria

Dora Leis Prego de 4º B de EP.

3º ciclo de E. Primaria

Karen Soares Ulloa de 6º A de EP.

Xogamos, aprendemos e concursamos con Xela Arias

Na semana do día 10 cada ciclo seguiu aprendendo a través do xogo algo sobre Xela Arias.

En Educación Infantil...

...buscamos o camiño que conduce a Xela Arias a unha das súas ferramentas de traballo: a máquina de escribir (aínda que ela tamén usaba computadora).

E tamén compuxemos as letras do seu nome e apelido.

No 1º ciclo de E. Primaria...

...buscamos nun barullo de letras algunhas palabras relacionadas coa poeta.

No 2º ciclo de E. Primaria...

...convocamos un concurso para resolver a palabra que se agochaba no último verso deste poema de Xela Arias.

No sorteo, no que unha man dunha nena de Infantil extraeu un papel ao chou, saiu gañador Adrián Val Agrazo de 4º A.

No 3º ciclo de E. Primaria...

...propuxemos un concurso para contestar 3 preguntas de cada cor no xogo do trivial.

No sorteo, ordenáronse por orde de chegada os correos dos e das participantes que acertaron todas as preguntas e saiu gañador, elixido por unha bóla ao chou, Tiago De Oliveira Neiva de 6º B.

Por se che apetece ver máis imaxes do que fixemos

 Ou o vídeo que gravou a biblio

 

 

Vencerse é cousa de se tratar.



page | by Dr. Radut