Skip to Content

CONCURSO "OLLA A PALABRA DO DÍA!"

Na web chamada O Portal das Palabras, cada día mostran unha palabra curiosa, a Palabra do día. Pois ben trátase de ilustrar cada unha das 7 palabras do día dunha semana enteira. Ollo, poden ser só dunha destas catro semanas:

Do 5 ao 11 de outubro

Do 12 ao 18 de outubro

Do 19 ao 25 de outubro

 

Do 26 de outubro ao 1 de novembro

 

Aproveitaremos as horas de plástica para elaborar as ilustracións. Abonda con consultar a semana elixida ese día na clase (non fai falta que se faga nesa semana xusto, están todas colgadas en https://portaldaspalabras.gal/lexico/palabra-do-dia) e elaborar os traballos.

Poderán empregarse todo tipo de técnicas propias da ilustración non dixital (lapis de cores, rotuladores, tinta, acuarela...) preferiblemente en DIN-A4.

Os premios para E. Infantil serán:

  • Primeiro clasificado: unha caixa de 72 unidades de ceras acuarelables e unha caixa de 64 unidades de ceras de preescritura.
  • Segundo clasificado: unha caixa de 64 unidades de ceras de preescritura.

E para E. Primaria:

  • Primeiro premio: cen unidades de cores acuarelables (finas), un estoxo de rotuladores de caligrafía, tres estoxos de rotuladores de iniciación á ilustración e 30 cadernos formato A5.
  • Segundo premio: un estoxo de rotuladores de caligrafía, dous estoxos de rotuladores de iniciación á ilustración e 30 cadernos formato A5.

Temos ata o día 20 de novembro para entregarllas ao EDLG e poder presentalas ao concurso. A participación da túa clase non é obrigatoria.



page | by Dr. Radut