Skip to Content

Novas

BECAS ALUMNADO NEAE

Publicada no BOE (06/08/2016) a convocatoria de becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Prazo de presentación: 29 de setembro de 2016

Máis información

RECOLLIDA HISTORIAIS ACADÉMICOS

A partir do luns, 18 de xullo, estarán á disposición de pais/nais/titores legais os historiais académicos do alumnado que rematou 6º de primaria. Poden recollelos en horario de 9 a 14 horas.

PERÍODO DE ADAPTACIÓN 3 ANOS

Listado de alumnado e horarios do período de adaptación en Educación Infantil de 3 anos para o curso 2016/17.

RECOLLIDA DE VALES

A partir de mañá, 7 de xullo, poden recoller na secretaría do Centro en horario de oficina, de 9 a 14, os VALES das axudas de material escolar e os VALES para libros de texto de 1º e 2º de primaria.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2016/2017

Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2016/2017.

Información importante para 3º, 5º e 6º de Primaria

 

O ISBN do Caderno de Problemas Deca de 6º é 9788468015552

Os libros de comprensión lectora de 5º e 6º de primaria non son reutilizables

MATRÍCULA NOS SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES

Apertura dos prazos de matrícula dos Servizos de Comedor e de Madrugadores na Rede de Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria do Concello de Santiago de Compostela para o curso 2016-2017

Prazo de matrícula: do 27 de xuño ata o 11 de xullo 2016 (ambos os dous incluídos)

Lugar: O impreso de solicitude de matrícula, debidamente cuberto entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou no Rexistro auxiliar do Centro Sociocultural do Ensanche (Frei Rosendo Salvado, 14-16 Baixo), nos prazos establecidos.

Máis información

REUNIÓN NOVO ALUMNADO 3 ANOS

Convócase aos pais/nais dos novos alumnos/as de 3 anos a unha reunión informativa que terá lugar o vindeiro martes 28 de xuño ás 10 h.

SOLICITUDE BOLSAS COMEDOR E OUTRAS CURSO 2016/17

Publícanse as bases reguladoras e convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares  para o alumnado dos centros docentes públicos e privados de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2016/2017.

As solicitudes presentaranse, no prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. (ATA O 21 DE XUÑO)
 Lugares de presentación: no Rexistro Xeral do Concello, rúa Presidente Salvador Allende, 2-4 ou no Rexistro auxiliar do Centro Sociocultural O Ensanche, rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo
 
Máis información e impresos

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL CURSO 2016/17

Publicada no DOG do 16 de maio a ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

  • Participación no fondo solidario de libros de texto
    en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.
  • Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de educación primaria.
  • Axudas para adquirir material escolar.

Prazo de presentación: do 18 de maio ao 23 de xuño de 2016 (incluído)

Enlace coa web da Consellería

Impreso de solicitude

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN PARA O VERÁN

Aberto ata o 31 de maio o prazo de matrícula no Programa  Municipal de Conciliación para o Verán.

Máis información

CHARLA

Onte, 12 de abril, na biblioteca disfrutamos dunha interesantísima charla para pais/nais profes a cargo de Ana Belén Montesa (nai de Pablo de 4ºA) psicóloga e pertencente á ANPA do Centro, sobre "sexualidade"

Velaí vai unha pequena mostra dalgúns libros para abordar este tema e tamén as conductas sexistas cos nosos fillos/as.

COMEDOR ESCOLAR

 

DÍA NON LECTIVO CURSO 2015/16

O día 6 de maio de 2016 foi autorizado como non lectivo para o noso Centro pola Xefatura Territorial de Educación para o curso 2015/16.

PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN NADAL 2015

Prazos de inscrición e matrícula: dende o  28 de novembro ata o 10 de decembro (ambos os dous incluidos)

Destinatarios: nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

      Lugar de realizacion: CEIP As Fontiñas e CEIP Raíña Fabiola

Datas de realización: (21,22,23,24,28,29,30 e 31 de decembro; 4 e 5 de xaneiro) 

As admisións realizaranse por rigoroso orde de entrada no Rexistro municipal, ata cubrir as prazas dispoñibles.

Os solicitantes deberán estar empadroados no concello de Santiago ou estar matriculados nun centro educativo do municipio de Santiago (neste caso deberán achegar certificación expedida polo centro onde estuda, indicando nome e apelidos do neno/a matriculado e curso).  

 

Máis información

 

Impreso de solicitude

 

Web do Concello

AXUDAS MATERIAL

ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

Apróbase unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

 Acceso ao DOG e anexos

CALENDARIO DAS REUNIÓNS INFORMATIVAS

Datas das reunións informativas con pais/nais, titores/as legais de alumnos/as do Centro.

 

EDUCACIÓN INFANTIL

CURSO DÍA HORA
3 ANOS 27 OUTUBRO 17:30
4 ANOS 6 OUTUBRO 17:30
5 ANOS 6 OUTUBRO 17:30

EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSO DÍA HORA
1ºA/B  8 OUTUBRO 17:00
2ºA/B 13 OUTUBRO 17:30
3ºA/B 14 OUTUBRO 17:00
4ºA/B 15 OUTUBRO 17:00
5ºA/B 20 OUTUBRO 17:30
6ºA/B 20 OUTUBRO 17:30

    

VALES MATERIAL

Poden recoller na secretaría do Centro os vales das axudas para a adquisición de material escolar.

ADMITIDOS/AS NO SERVIZO DE COMEDOR E MADRUGADORES

Publicadas as listaxes de admitidos nos servizos de comedor e de madrugadores para o curso 2015/16

 

Enlace coa web do Concello

AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR

 ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

Prazo: 2 de setembro a 1 de outubro

Máis información

Impresos de solicitude

Distribuir contido


by Dr. Radut